Un total de 107 veciños e veciñas de Frades participaron na tarde deste luns 30 de decembro na xa clásica saída a “Xuvenlugo”, que organiza todos os anos o Concello de Frades. A expedición saíu ás tres da tarde da casa do concello en dous autobuses que os trasladaron ata Lugo, onde os veciños e veciñas puideron desfrutar de ludotecas, inchables, obradoiros, videoxogos, minigolf, pistas de slot, salas de escape room, atraccións variadas, rocódromo e moitas máis actividades. Na viaxe estiveron acompañados polo alcalde, Roberto Rey Martínez; e o concelleiro de Xuventude, Juan Carlos Portos Bra.