O importe total destinado ascende a 14.000 euros e a entrega formal das bolsas farase en vindeiras datas
O Concello de Ribeira informa da adxudicación das axudas a deportistas individuais correspondentes ao 2025.
O importe total de 14.000 euros asignados a esta liña de axudas repártese en 20 bolsas a deportistas en distintas contías segundo a puntuación obtida no baremo atendendo aos criterios de palmarés, continuidade e categoría.
“Con estas bolsas, a Administración local ribeirense apoia e fomenta a práctica e o rendemento deportivo de deportistas individuais non profesionais que destacan na súa faceta competitiva, tendo en conta nesta convocatoria a tempada do 2024”, explica o concelleiro de Deportes, Álex Vidal.
A entrega destas axudas farase de maneira formal en vindeiras datas.
Esta resolución pódese consultar no apartado de ‘Taboleiro de anuncios’ dentro da sede electrónica municipal.



