O goberno en minoría parece a única fórmula para xestionar o concello ante a improbabilidade de que PP, PSOE e BNG artellen unha moción de censura, que non tería demasiado futuro debido ás distancias ideolóxicas e á política de pactos que manteñen estes partidos.
Ademáis, PSOE e BNG xa gobernaban con Patiño no seu día e os seus desencontros deron lugar á situación que atravesa hoxe o municipio.
Todos os grupos estamos obrigados a traballar con sosego para sacar adiante a xestión das áreas tanto de servizos públicos á cidadanía como as actividades sociais e culturais, ao marxe doutras políticas que pretenda conseguir o Goberno de Unión por Cambre e que non poidan ser aceptadas polo resto dos grupos.
A veciñanza non ten a culpa —máis ben é a vítima— da mala xestión do goberno de Patiño e as súas alianzas.
Unha moción de censura de PP, PSOE e BNG non sería unha solución duradeira. Sosego e tranquilidade son as únicas receitas que conveñen hoxe para curar os males políticos do Concello de Cambre, sostido unicamente por Unión por Cambre xa sen o seu anterior alcalde, Óscar García Patiño