Unha persoa queda atrapada no seu vehículo en Erboedo, Concello de Laracha

adminON
Lectura mínima de 1

Os bombeiros do parque Provincial de Carballo acudiron ao lugar do accidente ás 3:33 horas, onde xa se atopaba o persoal sanitario.

O coche atopábase volcado sobre o lateral esquerdo na cuneta. O condutor estaba consciente e orientado e non houbo máis coches implicados.

Tras unha inspección perimetral observouse que se trataba dun accidente dun turismo que se saíu da estrada por causas descoñecidas.

A labor realizada consistíu na estabilización do vehículo e a posterior excarcelación do condutor.

No operativo tamén participaron Garda Civil e o 061.

Comparte este artigo