Efectivos do Grupo de Emerxencias Municipal de Brión desprazáronse ata a aldea de Vioxo de Arriba (Brión) respondendo a unha alerta emitida polo 112 ás 14:10 horas sobre unha saída de vía na DP-1302 Urdilde-Negreira. Unha vez no lugar, os membros do GES de Brión comprobaron que a condutora do vehículo se atopaba en perfecto estado, polo que procederon a asegurar o vehículo, que impactara contra un muro emprazado nunha curva ao inicio da aldea. Ata o lugar tamén se desprazaron efectivos da Policía Local de Brión e Garda Civil.