HomeA CoruñaValoración do alcalde de Cabana polas novas restricións

Valoración do alcalde de Cabana polas novas restricións

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muiño, quixo valorar as novas restricións anunciadas polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e facer especial fincapé no “momento complicado que estamos a atravesar, cunha incidencia da covid-19 en toda Galicia rotundamente á alza”.

“Este contexto tan difícil require dun esforzo adicional os que xa levamos facendo desde o pasado 14 de marzo”, subliña o rexedor. “É imprescindible seguir ao 100% as recomendacións e limitar os nosos movementos ao máximo, a lo menos durante as seguintes tres semanas”.

“Moitas galegas e galegos están a pasar un momento particularmente complicado, porque derivado da crise sanitaria estamos a sufrir tamén unha crise económica, e as administracións temos o deber de impulsar medidas para paliar os seus efectos”, finaliza o rexedor.

Publicacións Relacionadas