HomeA CoruñaVella Escola fará un mural antipolución colaborativo no polideportivo municipal Pilar Barreiro...

Vella Escola fará un mural antipolución colaborativo no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra de Lousame

- Anuncio -spot_img

Terá lugar o sábado 20 de decembro da man de nenos e nenas de Lousame, de máis de 10 anos, que se anoten en Bandoticket.com

O Concello de Lousame abre inscricións nun obradoiro de pintura mural con Vella Escola Cultura Urbana, que terá lugar o próximo sábado 20 de decembro, de 11:00 a 13:00 horas, no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra. Dirixido a mozos e mozas a partir dos 10 anos de idade, as anotacións está abertas de forma gratuíta en bandoticket.com.

A rapazada que se anote terá a oportunidade de participar no deseño e execución dun mural con temática ambiental, que estará emprazado no interior do polideportivo municipal lousamiá. Da man de técnicos de Vella Escola Cultura Urbana, os mozos e mozas traballarán de forma colaborativa para crear unha obra de gran formato. “Unha iniciativa coa que promovemos habilidades sociais como a comunicación, a negociación ou o respecto polas ideas alleas ao tempo que cada persoas aporta o seu estilo e visión a unha obra que despois poderá desfrutar toda a veciñanza”, apunta Silvia Agrafojo, concelleira de Cultura.

Esta iniciativa está organizada por Vella Escola Cultura Urbana, en colaboración co Concello de Lousame, e conta coa financiación da Deputación Provincial da Coruña.

Publicacións Relacionadas