A empresa concesionaria do servizo municipal de augas informa de que, a causa da realización de traballos de mellora na rede xeral, este mércores, 18 de marzo, pola mañá, verase interrompido o subministro de auga nos fogares da zona de Xuvia.
Apunta Veolia, antiga Viaqua, que se verán afectadas as vivendas situadas na rúa Victorino Novo, na Travesía Victorino Novo, na Pega, Casadelos, A Bacela, Camiño Vello, Castiñeiro e en Xuvia (números impares do 1 ao 33). Detalla a empresa que o corte de auga prolongarase entre as 8:30 e as 14 horas.
Dende o Concello de Neda laméntanse as molestias que a intervención poida provocar entre a veciñanza destas zonas e lémbrase que Veolis dispón do servizo servialertas, que notifica ás persoas abonadas este tipo de incidencias por mail ou por SMS. Para beneficiarse, cómpre que faciliten o teléfono móbil ou correo electrónico á compañía, contactando a través dos teléfonos 900 201 230 ou 981215990 ou da web www.viaqua.gal



