Viaqua, empresa concesionaria do servizo municipal de auga de Neda, avisa dun corte do subministro este xoves, 23 de outubro, por mor de traballos na rede xeral, entre as 8:00 e as 15:00 horas nunha vintena de lugares da localidade. Dende o Concello lamentamos as molestias.
Apuntan dende a compañía que se verán afectadas as vivendas situadas en Ponte Grande, Mourela Baixa, Mourela do Medio, Mourela Alta, Mosteirón, O Roxal, Canido O Roxal, Pename, Forxá, Camiño Vello, O Poulo, Bacela, Bernés, San Antonio, Vilar, Fausto Cansado, Albarón, Escorial de Abaixo, Escorial de Arriba, Maciñeira, Gandarela e adxacentes.
O Concello lamenta as molestias, e lembra que Viaqua dispón dun servizo de alertas por correo electrónico e SMS, a través do que notifica estas incidencias ás persoas abonadas. Para recibir os avisos cómpre facilitar o enderezo electrónico ou o número de móbil, chamando aos teléfonos 900201230 ou 981215990 ou na páxina web www.viaqua.gal