Home A Coruña Vimianzo fará un paseo polas estrelas para achegar a observación astronómica á...

Vimianzo fará un paseo polas estrelas para achegar a observación astronómica á veciñanza

- Anuncio -

Será o vindeiro venres, 3 de maio, a partir das 22:30 horas, no Alto de San Bartolo, en Salto

A xornada estará guiada por Begoña Brao e Antón Pérez, monitores do primeiro destino starlight de Galicia, as Illas Cíes

O Concello de Vimianzo fará o vindeiro venres, 3 de maio, un paseo polas estrelas. Trátase dunha actividade de observación astronómica que pretende dar a coñecer e achegar a observación astronómica á cidadanía local e visitantes.

Terá lugar a partir das 22:30 horas no Alto de San Bartolo, en Salto, día para o que se agardan unhas condicións de visibilidade “óptimas”, tanto pola posición da lúa como pola meteoroloxía prevista para esta data. A localización é o lugar ideal para contemplar as estrelas e forma parte da Rede de Miradores Estelares do Destino Starlight Costa da Morte.

A actividade estará guiada por Begoña E. Brao e Antón P. Pérez, monitores do primeiro destino Starlight de Galicia, as Illas Cíes. Ámbolos dous realizaron, ademais, un curso de formación na Costa da Morte, polo que coñecen á perfección a zona e as súas características. Estarán acompañados pola técnica de Turismo, Mariví Amigo, e a de Cultura, Nieves Lema, que posúen o certificado de monitoras starlight.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente a través da ligazón habilitada: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeXpFK2-iz19kyq8b2WQbvnjegVf_qeTn9QfWmut4ogwRZ0VQ/viewform

Trátase da primeira das múltiples actividades realizadas co obxectivo de fomentar o astroturismo no municipio.


Segundo indicou a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, “en Vimianzo gozamos dunha contorna privilexiada para a observación astronómica, polo que tratamos de impulsar estas actividades para achegar este tipo de actividades á poboación e xerar interese na materia”.

A rexedora quixo convidar “a todos e todas, veciñanza e visitantes a participar nesta xornada que, previsiblemente, gozará das condicións perfectas para observar o ceo e as estrelas en plenitude”.

Relacionadas

O son dos palillos retumba na X Festa da Palilleira de Camariñas

0
· Máis de 400 encaixeiras, chegadas de Galicia e doutros puntos de España, participaron nunha xornada que xirou ao redor do encaixe pero na...

Xa está aberto ao público na Casa das palmeiras o “Rastrillo solidario”

0
Xa está aberto ao público na Casa das palmeiras o “Rastrillo solidario” que, como cada ano, organiza a Asociación Amas de Casa de Neda....

A unidade móbil de doazón de sangue estará o vindeiro martes diante da Casa...

0
Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase o vindeiro martes, 10 de decembro, ao Concello de Neda para...

Así será o Nadal en Paderne: felicitación comunitaria, festa nas escolas, concurso, tres concertos...

0
 A corporación inaugurará as festas o sábado 14 no Telleiro con música en directo  As luces estarán acendidas desde esta mesma noite  Aos...

Aberto o novo espazo biosaudable do parque Europa, ideado para promover o exercicio físico...

0
No que vai de ano, o Concello xa creou outra instalación deste tipo na praza do Parque, entre Orillamar e Monte Alto, e tamén...

Ribeira reluce co acendido do alumeamento do Nadal

0
Hoxe tivo lugar a inauguración do acendido do Nadal nunha praza da Porta do Sol ateigada de xente cun primeiro acto onde os nenos...

Publicacións Relacionadas