Home A Coruña Voces de África, América e Europa no novo trimestre  de Poetas Di(n)versos 

Voces de África, América e Europa no novo trimestre  de Poetas Di(n)versos 

- Anuncio -

Os meses de inverno traerán ao ciclo coruñés poetas do maior renome de  Suíza, Arxentina e Angola a recitar no Ágora en romanche, español e  portugués 

Entre os autores en galego –todos de máxima actualidade– o próximo  luns participará o primeiro chegado de fóra das fronteiras administrativas  de Galicia, recente gañador do Premio Afundación 

Ininterrompido dende que botara a andar a súa 16º  edición anual o pasado outubro, Poetas Di(n)versos desvela agora a que será a súa  programación para os meses de xaneiro, febreiro e marzo. Tres novas citas coa mellor  poesía en galego e en calquera outra lingua do mundo que poderán seguirse un luns ao  mes ás 20.00 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural Ágora e con entrada gratuíta ata  completar capacidade. “O Goberno de Inés Rey promove este ciclo de tan alta calidade, que  achega á cidadanía o mellor da poesía nacional e internacional e permite encher os  espazos municipais de actividade”, sinala o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo  Castro. 

Serán os días 20 de xaneiro, 24 de febreiro e 31 de marzo, e participarán algunhas das  voces máis recoñecidas da poesía romanche, arxentina e angolana a carón de voces de  absoluta actualidade en lingua galega, todos con novas entregas poéticas baixo o brazo. 

A primeira das citas chegará xa este vindeiro luns, reunindo dúas poéticas escritas en  variedades dialectais de linguas minorizadas. Se a suíza Jessica Zuan cultiva versos na  variante puter da lingua retorrománica (tamén coñecida coma romanche), o asturiano  Miguel Rodríguez Monteavaro faino nun galego falado fóra de Galicia, en Asturias. Con eles  –entre outros galardóns– gañou ela o último Premio de literatura dos Grisóns e el o Premio de Poesía Afundación, un dos máis prestixiosos do panorama galego e que recaía por vez  primeira nunha voz externa ás nosas fronteiras administrativas. 

O mes que vén reuniranse no Centro Ágora unha das autoras máis valoradas na poesía  arxentina contemporánea, María Negroni, a carón da poeta e xornalista rianxeira Noelia  Gómez. Se a segunda publicaba hai poucas semanas ‘Desenfoque’ baixo o coidado selo de  Apiario, a primeira tamén viña de sacar ‘La idea natural’ en Acantilado. 

O último día de marzo recitarán Ondjaki e Séchu Sende. O multipremiado poeta e narrador  luandés é un dos autores de maior repercusión e proxección internacional de Angola e  reside hoxe no Brasil, mentres que o escritor, sociolingüista e regueifeiro padronés Séchu  Sende vén de romper un silencio poético duns 15 anos ao publicar na Chan da Pólvora  Passa-montanhas. 

O ciclo de lecturas públicas fundado e dirixido pola poeta e xestora cultural Yolanda  Castaño –recoñecida o pasado ano co Premio Nacional de Poesía– continúa a ser unha cita  de referencia única en España pola súa regularidade, diversidade e alta calidade literaria.  Todas a lecturas ofrecerán folletos coleccionables coas biografías e poemas das persoas  convidadas e emitiranse igualmente por streaming.

Relacionadas

A Xunta salienta o seu esforzo na posta en valor e mellora da área...

0
Ángeles Vázquez destaca entre as melloras acometidas os máis de 160.000 € investidos en accións de mellora da vexetación de ribeira e eliminación de...

A Xunta pon en valor o traballo diario do persoal da residencia de maiores Torrente...

0
O centro coruñés convértese no primeiro de Galicia en obter esta acreditación, que se enmarca no desenvolvemento do novo modelo de coidados A residencia de...

Presentación dos obradoiros sobre o uso de aplicacións móbiles para persoas maiores nas parroquias...

0
O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta presentou esta mañá os obradoiros do uso de “apps móbiles” para persoas maiores.Suárez-Puerta sinalou que “estes obradoiros...

O concello inicia a selección do alumnado da acción formativa para desempregados que comezará en...

0
Constará de 468 horas a impartir de 9:30 a 14:30 ata o mes de xuño nunha aula homologada do Edificio Administrativo da Laracha. O vindeiro...

O concello avanza no procedemento de contratación de tres proxectos de mellora da rede viaria 

0
As intervencións afectarán ás parroquias de Golmar, Soutullo, Cabovilaño e Lendo. Tres proxectos dirixidos á mellora da rede viaria municipal serán adxudicados nos próximos días...

O Concello require ao Obispado a inmediata demolición dun muro perigoso en Santa Cruz

0
O Obispado está a facer caso omiso aos requerimentos do Concello de Oleiros para a inmediata demolición dun muro con serio risco de derrubamento...

Publicacións Relacionadas