HomeA CoruñaVolve o programa Andares por Galicia cunha ruta polos Ancares

Volve o programa Andares por Galicia cunha ruta polos Ancares

- Anuncio -spot_img

O vindeiro sábado 27 de setembro terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros.

O sábado 27 de setembro celebrarase unha nova ruta do programa Andares por Galicia: Ruta polos Ancares: subida a Tres Bispos desde Campa da Braña e Avesedo de Donís.

As persoas participantes visitarán puntos de interese como Reserva da Biosfera “Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá”, o ZEC Ancares – Courel , ZEPA Ancares, Pico de Tres Bispos, Avesedo de Donís, Fraga de Cabanavella, Campa de Brego, Ría Vara e gozar da arquitectura tradicional (pallozas) para rematar cunha visita cultural á Palloza Museo-Casa Sesto-Piornedo.

Este programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.

A saída do 27 de setembro contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23,00 euros.

As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do martes 16 de setembro ás 10.00 horas (INSCRICIÓN). No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.

Para obter máis información sobre esta ruta e o conxunto do programa é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.

Publicacións Relacionadas