Home A Coruña Volven as Festas da Ascensión do 25 ao 29 de maio cun...

Volven as Festas da Ascensión do 25 ao 29 de maio cun completo programa de actividades para todas as idades

- Anuncio -

Despois dun 2020 sen Ascensión e dunha edición reducida no 2021 por mor da pandemia, volven as festas compostelás por excelencia, desde o mércores 25 ata o domingo 29, con concertos, orquestras, monicreques, e en xeral unha gran variedade de actividades para todos as idades e todos os gustos. Ademais, tras dous anos de parón, este ano recuperarase a Festa dos Maiores que terá lugar o próximo sábado 28 no Recinto Ferial de Amio, unha cita social moi aprezada polos nosos maiores; así como a tradicional Feira Cabalar durante a xornada do xoves 26.

O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou esta mañá no Pazo de Raxoi o programa completo das Festas da Ascensión deste ano e agradeceu “o esforzo realizado por todas as agrupacións e entidades”. O edil amosouse confiado en que tras estos dous anos, nesta edición Festas “poidamos por fin recuperar a atmósfera de alegría e gozo que as caracterizan”, pero sen deixar de atender a “calquera eventual indicación procedente das autoridades sanitarias”.

Os festexos arrancarán o mércores 26 de maio ás 21:00 horas cun concerto organizado por Los40 Santiago POP na praza da Quintana, que contará coa actuación de Tanxugueiras, Rayden, Agoney, Twin Melody, Lemot, Dani e Nil Moliner, presentado por Tony Aguilar. Desde o mércores ata o domingo haberá citas musicais para todos os gustos: a mítica orquestra París de Noia, o xoves ás 20:00 na praza do Obradoiro; The Sey Sisters, á mesma hora na praza da Quintana; Dios ke te crew o venres ás 22:00 na Sala Capitol, ou Kae Tempes na praza da Quintana o sábado ás 22:00.

As orquestras Miramar e Galilea, distintas corais da cidade e a Banda Municipal de Música de Santiago tamén amenizarán as rúas, e tampouco faltarán as tradicionais alboradas que ambientarán a cidade desde o xoves ata o domingo, en horario de 10 a 12 h. Ademais, en diferentes prazas da vila, cidadáns e visitantes poderán desfrutar das actuación máis tradicionais cos ciclos “Folk na rúa” e “Escolas de Baile Tradicional”, ofrecido polas agrupacións folclóricas da cidade como Cantigas e Agarimos, Ultreia ou Brincadeira, entre outras.

Feira Cabalar
Tras dous anos de ausencia, esta edición recupera a tradicional Feria Cabalar, que terá lugar o xoves 26 de maio no Recinto Ferial de Amio, e que ofrecerá un amplo programa de actividades a todos os afeccionados ao mundo do cabalo galego, con andaduras, mostras e entrega de premios, e un espectáculo ecuestre de doma.

Festas dos Maiores
Tamén volverá a Festa para as Persoas Maiores na que é xa a súa 23 edición, para que os nosos maiores poidan volver reunirse e desfrutar xuntos dun xantar con sobremesa amenizada pola orquestra Fussión e José Manuel Punzano, a un prezo adaptado a todos os petos de 7,50 euros. Esta xuntanza terá lugar o sábado 28 de maio no Recinto Feiral de Amio, e as entradas estarán dispoñibles a partir do día 16 de maio no despacho de billetes do Teatro Principal. Para facilitar o acceso, o Concello habilitará un servizo de buses desde a praza de Galicia ata o Recinto Frial de Amio en horario de 12:00 a 14:00 h e de 17:00 h a 19:00 h.

Outra das actividades tradicionais que se repetirá este ano é o torneo da Chave, que acada a súa XLV edición e que se desenvolverá venres e sábado na Alameda compostelá.

Ademais o programa inclúe outras actividades para públicos diversos, como a representación da peza de teatro “Silencio” con Blanca Portillo, que terá lugar no Auditorio de Galicia o xoves 26 ás 20:30, ou o campionato de Freestyle Motocross o sábado 28 ás 19:30 no Multiúsos Fontes do Sar. O Centro Xuvenil Don Bosco acollerá tamén un ciclo de milongas precedido por un curso de tango o sábado a partir das 16:30 h.

Actividades para os máis pequenos
O programa complétase cunha oferta variada para o público familiar con espectáculos de teatro e monicreques para a cativada, que terán lugar na Alameda en horario de 12:00 e 18:00 h, e a obra “Páxaros no cabo” o venres ás 21 h no Pavillón das Fontiñas. Este ano, pequenos e maiores tamén poderán gozar coa tradicional comparsa de cabezudos que fará o percorrido habitual polas rúas do casco histórico compostelá o día grande das festas, o xoves

Por suposto, durante os días de duración das Festas, a Alameda volverá a acoller as populares atraccións para deleite dos máis pequenos.

Toda información do programa estará dispoñible desde hoxe na páxina web municipal e nas redes do Concello.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas