HomeA CoruñaVolven as tertulias literarias e os clubs de lectura ás bibliotecas públicas...

Volven as tertulias literarias e os clubs de lectura ás bibliotecas públicas municipais

- Anuncio -spot_img

Do 22 ao 26 de setembro, as persoas que o desexen poderanse inscribir nos Clubs de lectura e Tertulias Literarias moderadas pola escritora e xornalista Silvia Salgado, que se van a realizar nas bibliotecas municipais.

Nos clubs de lectura e nas tertulias comentaranse obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar as persoas participantes a ler, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

As inscricións poderán realizarse do 22 ao 26 de setembro a través da Sede Electrónica do Concello de Oleiros e con prioridade para persoas empadroadas no municipio.

Ofértanse 146 prazas distribuídas en 8 clubes de lectura para as seguintes bibliotecas:
– Rialeda (2 grupos de 19 participantes): 17:30 a 19:30 h ( mércores, quincenal)
– Santa Cruz (3 grupos de 19 participantes): 2 en horario de tarde: 17:30 a 19:30 h (martes, quincenais) e 1 en horario de mañá: 11 a 12:30 h (martes, mensual)
– Mera (2 grupos de 17 participantes): 19 a 20:30 h. (luns, mensuais)
– Oleiros (1 grupo de 17 participantes): 11 a 12:30 h. (xoves, mensual)

Se houbera máis solicitantes que prazas, resolverase mediante un sorteo público con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros a celebrar o mércores 1 de outubro ás 13:00h na Biblioteca Central Rialeda. As solicitantes inicialmente sen praza pasarán a formar parte dunha lista de agarda, para o caso de renuncias ou vacantes posteriores.

Máis información na web municipal e nas bibliotecas.

Publicacións Relacionadas