HomeA BarcalaA BañaO BNG reclama cunha concentración en Negreira a restitución da nutricionista que...

O BNG reclama cunha concentración en Negreira a restitución da nutricionista que atendía tamén aos concellos de  Santa Comba, A Baña e Mazaricos

- Anuncio -spot_img

A deputada nacionalista, Iria Carreira, denuncia que o recorte forma parte do desmantelamento da atención primaria do PP

A veciñanza terá que dirixirse a Noia ou Santiago no que para o BNG afonda na “desigualdade xeográfica” da sanidade pública

 Cunha concentración en Negreira na que participaron representantes políticos nacionalistas e veciñanza dos catro concellos afectados, o BNG esixiu a restitución da nutriocionista que atendía pacientes dos concellos de Negreira, Santa Comba, A Baña e Mazaricos. A deputada nacionalista, Iria Carreira, participou no acto de protesta e lamentou que as persoas que eran atendidas por esta profesional teñan agora que trasladarse a Noia e Santiago polos recortes na atención primaria do goberno do PP.

Diante do Centro de Saúde de Negreira concentráronse na tarde deste xoves veciños e  veciñas dos concellos afectados e representantes políticos do BNG para esixir á Consellaría de Sanidade a restitución da nutricionista que consultaba nos centros de saúde de Negreira e Santa Comba e atendía tamén a pacientes de Mazaricos e A Baña.

“A Xunta decide, unha vez máis, recortar en atención primaria, neste caso, eliminando ás nutricionistas que están moi ben valoradas tanto entre as pacientes como no resto dos profesionais”, lamenta a médica e deputada do BNG, Iria Carreira, para quen esta medida demostra que “o PP non aposta por equipos multidisciplinares por moito que o diga en notas de prensa e decide seguir deteriorando a sanidade pública”.

Para a deputada nacionalista, o tempo que levan as nutricionistas na atención primaria demostraron a súa eficacia na mellora da saúde da poboación e os recortes actuais significan “darlle ás costas á calidade de vida da veciñanza e, en especial, á de concellos como os afectados pola eliminación da profesional que atendía en Negreira e Santa Comba que terán que recorrer moitos quilómetros para ter atención, incrementando así a desigualdade xeográfica existente”.

De 95 a 45 nutricionistas na sanidade pública galega

O BNG reclama así que se restitúa a nutricionista que atendía no centro de Negreira -a pacientes de Negreira e A Baña- compartido co centro de saúde de Santa Comba. para veciñanza tamén de Mazaricos. Coa eliminación da profesional pacientes de Santa Comba e Mazaricos terán que ser atendidas en Noia e as de Negreira e A Baña no centro das Fontiñas de Santiago. “A fenda territorial é enorme e a distancia que teñen que percorrer moi grande por iso esiximos a inmediata restitución desta profesional”, engade Iria Carreira.

O grupo nacionalista está a reclamar tamén no Parlamento a restitución e ampliación do cadro de nutricionistas que se reduciron no actual recorte da Xunta de 95 a 45 en todo o país. Para o BNG estas profesionais son claves para instaurar hábitos saudábeis e aumentar a calidade de vida da poboación.

Publicacións Relacionadas