Os bombeiros do parque comarcal provincial de Santa Comba participaron onte pola tarde nun operativo para excarcerar a unha persoa que quedara atrapada no seu vehículo tras impactar contra un camión na estrada de Catroventos, no Concello de Santa Comba.
Tras rescatar á persoa afectada cun taboleiro espiñal e un colchón de vacío, a persoa afectada foi trasladada ao C.H.U.S polo 061.
No operativo tamén participaron a Garda Civil de Tráfico de Corcubión, Policía Local, 061 e SMPC de Santa Comba.