Home A Coruña Xaquín Marín, Alexandre Marín e Alexandre Sequeiros Camiña formarán parte do xurado...

Xaquín Marín, Alexandre Marín e Alexandre Sequeiros Camiña formarán parte do xurado dos Premios Curuxa 2022

- Anuncio -

O humorista gráfico e fundador do Museo do Humor, Xaquín Marín, o comisario da exposición “Volta á orixe”, Alexandre Marín, e o gañador do primeiro premio Curuxa 2021, Alexandre Sequeiros Camiña, formarán parte do xurado dos Premios Curuxa 2022 que se reunirá a finais do mes de xuño (nunha data da que se informará próximamente). Tal e como se establece nas bases do certame, o xurado estará presidido polo alcalde de Fene, Juventino Trigo e -xunto cos tres debuxantes convidados- formarán parte do mesmo o concelleiro de Cultura, Justo Ardá, e a responsable do Museo do Humor, Almudena Marcos (que actuará como secretaria).

XAQUÍN MARÍN, humorista gráfico e fundador do Museo do Humor
Humorista gráfico, debuxante, ilustrador, caricaturista. Nado en Ferrol aínda que afincado dende sempre no Concello de Fene onde fundou en 1984 o Museo do Humor, único do seu xénero en Galicia e un dos poucos que existen no mundo. É un dos humoristas gráficos galegos máis relevantes das últimas décadas e, sen dúbida, un dos máis innovadores, creador dun estilo tan persoal como galego. Foi ademais un dos pioneiros do cómic galego despois de 1936. Colaborador habitual de infinidade de publicacións, recibiu numerosos e importantes galardóns. Ademais, foi xurado dalgúns dos certames de humor gráfico máis prestixiosos do mundo.

ALEXANDRE MARÍN, comisario da exposición “Volta á orixe” (Museo do Humor, 2022)
Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Técnico de Normalización
Lingüística de administración local desde o ano 2002 ata a actualidade. Realizou colaboracións gráficas e/ou escritas en publicacións como Golfiño, Sapoconcho, Xatentendo.com ou La Golondriz e en medios como Jenesaispop, Radio Fene, La Voz de Galicia, Diario de Ferrol e El Correo Gallego. Tamén participou en obras colectivas como H2OIL (Colectivo Chapapote), Sorrisos e boa colleita (Banco de Terras de Galicia), Encontros con Laxeiro (Xosé Neira Vilas, Ir Indo) e Antología del humorismo mundial 2003-2004 (La Golondriz).

ALEXANDRE SEQUEIROS CAMIÑA, gañador do 1º premio Curuxa 2021. Natural de Vigo, Pontevedra. Realizou o grao de Belas Artes na Facultade de Pontevedra e o grao de Deseño por intercambio na UFSC de Florianópolis, Brasil. Tamén tomou parte no programa The Power MBA Businnes Expert, de Xestión de Administración de Empresas e realizou un Máster en Deseño Estratéxico, visual e de producto, na Mr Marcel School de Madrid. Alexandre ten experiencia como deseñador gráfico en MRBrock, Ree ou PrideCom. Na actualidade é creativo gráfico en Ide Comunicación.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas