HomeA CoruñaXornadas Castro Valente

Xornadas Castro Valente

- Anuncio -spot_img

Recentemente deuse a coñecer a nivel internacional a grande muralla soterrada que se atopa no Castro Valente, pertencente á Estrada e Padrón. Toda a prensa se fixo eco deste feito, mais debemos preguntarnos se a nosa veciñanza coñece a dimensión e valora esta importante fortaleza que se atopa na nosa comarca.

Desde a Asociación Cultural “Vagalumes” xunto coa Asociación Cultural Os Penoucos, imos levar a cabo coa colaboración do grupo que está a facer as investigacións arqueolóxicas no Castro Valente unhas xornadas para dar a coñecer este xacemento.

O venres 24 de febreiro, ás 20:00 h. no MOME, terá lugar unha presentación dos traballos arqueolóxicos desenvoltos e a investigación levada a cabo polos membros da Universidade de Santiago de Compostela responsables deste labor. Coa participación aberta de colectivos de defensa do patrimonio e de loita contra o espolio eólico.

O sábado 25 de febreiro, ás 11:00 h., levarase a cabo unha visita guiada a Castro Valente partindo desde Morono (Padrón). As persoas interesadas convén que se anoten no enderezo obaixoulla@gmail.com

Publicacións Relacionadas