Home A Coruña Xoves con dous plenos extraordinarios no concello de Dodro

Xoves con dous plenos extraordinarios no concello de Dodro

- Anuncio -

Este xoves, 23 de xuño celebráronse dous plenos extraordinarios no Concello de Dodro.

Un, a petición de tres concelleiros do PP de Dodro, para “avaliar a situación na que se atopan os Servizos Sociais do Concello de Dodro” e noutro punto pedir o cese do Concelleiro de Asuntos Sociais.

No outro pleno trataronse dúas modificacións de crédito orzamentario, a primeira para a adquisición dunha finca con unha casa en Lestrobe e a modificación do Plan Estratéxico de Subvencións para incluír novas subvencións do concello a distintas entidades.

No primeiro pleno, solicitado polo PP, o seu voceiro desenvolveu un relato cargado de incertezas, información confidencial sobre traballadoras de servizos sociais e mesmo acusou ó goberno do desmantelamento do servizo.

Fixo acusacións baseadas en datos falsos, datas etc. Foi contestado principalmente polo Concelleiro delegado de Servizos Sociais Xoán Bautista Mariño do BNG que lle respondeu entre outras cousas: “Cando chegamos ao goberno vimos a escandalosa xestión municipal que sumada á débeda deixada tivemos que afrontar mentres o PP non aceptaba que xa non era goberno e desde o primeiro momento dedicouse a denunciar ao equipo de goberno e á veciñanza. Non contentos con iso agora empregan a persoas para difamar, non actúan con lealdade como edís, e mesmo acosan ao persoal municipal, nunca visto neste concello. Creouse un programa novidoso a custe 0 para a cidadanía, cun protocolo, o Dodro Escoita, copiado noutros concellos e moi apreciado en plena pandemia e desenvólvense unha ducia de programas. Ampliamos o número de horas á dependencia. De 1.830 hs que había cando chegamos pasamos a 2.305 horas”

O resto de grupos políticos, a Unidade Veciñal e o PSOE, botáronlle en cara que durante o seu mandato non fixera ningún tipo de selección de persoal que permitira a contratación a través de bolsas de emprego e que agora mesmo “estamos sufrindo a nefasta xestión do anterior alcalde” lembrando varias actuacións do seu goberno que mesmo se chegou a enfrontar cos veciños.

No segundo pleno aprobouse por maioría, a modificación de crédito no orzamento para a adquisición dunha parcela con una casa en Lestrobe para facilitar un acceso con vehículos á escola unitaria da aldea e realización dun local municipal no edificio. Segúndo se desprende da documentación presentada ao pleno, o acceso da Escola Unitaria de Lestrove, ten un acceso peonil, que dende o anos 60 limita grandemente as actuacións que alí se fan, e ademáis no é posible o acceso de vehículos de emerxencia (bombeiros e ambulancias) no caso de ser necesarios. A edificación ademáis supriría o deficit que ten a aldea de Lestrove, (a mais grande do concello) , de local social, ou de calquera tipo que facilite actividades para todos os veciños. O PP de Dodro non votou a favor de esta actuación tan necesaria para os veciños de Lestrobe e da parroquia de Santa María de Dodro.

No segundo punto deste pleno tratouse a modificación do Plan Estratéxico de Subvencións para incluír novas subvencións do concello a distintas entidades e así favorecer a transparencia para que todos os veciños co Concello poidan saber a quen vai destinado o diñeiro destas partidas. O PP de Dodro despois de votar en contra da creación do Plan Estratéxico de Subvencións no pasado mes de agosto de 2021 desta vez abstívose, votando a favor todo o grupo de goberno.

O portavoz do PP de Dodro abandonou o pleno pucos minutos despois do seu comezo. 

Relacionadas

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

Publicacións Relacionadas