Home Deputacións Deputación Ourense A artista coruñesa Andrea Dávila recolle no “Marcos Valcárcel” o primeiro premio...

A artista coruñesa Andrea Dávila recolle no “Marcos Valcárcel” o primeiro premio do XVI Certame de Artes Plásticas da Deputación

- Anuncio -

No acto celebrado hoxe no Centro Cultural tamén recibiron os seus galardóns o vigués Alberto Ardid de Cabo e a ourensá Mar Ramón Soriano, segundo e terceiro premio. As obras galardoadas, xunto cunha selección realizada polo xurado de todos os traballos presentados ao concurso, poderán contemplarse nunha exposición

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu esta tarde a entrega dos premios do XVI Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense, edición que tivo como gañadora á artista coruñesa Andrea Dávila (Boiro, 1995) pola obra “Sitting piece for 2”. Un acto no que tamén recibiron os seus galardóns o vigués Alberto Ardid de Cabo, segundo premio pola obra “Nova riqueza”; e a ourensá Mar Ramón Soriano, que obtivo o terceiro premio por unha peza escultórica en cerámica titulada “Desnudo, espacio de juego”. Os artistas distinguidos recibiron un premio económico de 3.000, 2.000 e 1.000 euros, respectivamente. Tamén se entregaron dous accésits que foron para Miquel Ponce Díaz e David Fidalgo Omil.

O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, que estivo acompañado no acto polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o deputado provincial Armando Ojea, o director do centro cultural, Francisco González, e membros do xurado, expresou os seus parabéns aos premiados “nunha iniciativa xa consolidada logo de 16 edicións ofrecendo oportunidades ao talento e apoiando aos novos valores nos distintos ámbitos das artes plásticas”.

Nesta edición presentáronse un total de 507 candidaturas de artistas procedentes de 15 países: España, Portugal, Italia, México, Arxentina, Brasil, Chile, Bolivia, Cuba ou Taiwan, que obrigou a facer un importante esforzo de selección ao xurado, integrado por Santiago Olmo, director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC); Juan Carlos Román, artista e profesor na Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Ángel Cerviño, creador e comisario de exposicións; Eva Torres, directora do Museo Municipal de Ourense; e Rosendo Cid, creador e comisario de exposicións. Como secretario exerceu o director do Centro Cultural Marcos Valcárcel.

As obras galardoadas, xunto cunha selección realizada polo xurado de todos os traballos presentados ao concurso, poderán contemplarse no Centro Cultural nunha exposición que tamén se inaugurou esta tarde tras o acto de entrega de premios.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para contratar un novo sistema de...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deu luz verde a dous novos proxectos construtivos financiados parcialmente con fondos procedentes do Plan...

A Deputación conta cun novo aparcamento de bicicletas no Edificio Administrativo de Pontevedra

0
A nova instalación ten espazo para asegurar simultaneamente dez bicicletas diferentes, e está localizada na parte traseira do edificio A Deputación de Pontevedra pon desde...

Luis López destaca as 170 adopcións e o coidado de 288 cans no que...

0
O dirixente provincial percorreu as instalacións deste centro de acollida dependente da Deputación acompañado polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda A Deputación destina 1,4 millóns...

Publicacións Relacionadas