Home Deputacións Deputación Pontevedra A Asociación Érguete e a Deputación previron as condutas adictivas en máis...

A Asociación Érguete e a Deputación previron as condutas adictivas en máis de 200 menores e as súas familias

- Anuncio -

A través de varios programas en Vigo, Mos, O Porriño e Pontevedra a entidade continúa a traballar na prevención, “a mellor ferramenta fronte a problemática das adiccións

A Asociación Érguete e a Deputación de Pontevedra previron as condutas adictivas en máis de 200 menores e as súas familias durante o último ano. A través de varios programas desenvolvidos en Vigo, Mos, O Porriño e Pontevedra a entidade continuou ensinando ferramentas para non caer nas adiccións.

A responsable do programa de Prevención da Deputación na Asociación Érguete, Marta Lloves, destaca que “a prevención é hoxe aínda máis importante polas dificultades asociadas da pandemia en canto a saúde mental, e as posibles problemáticas relacionadas coas novas tecnoloxías”. Por todo isto, na Asociación, malia as dificultades da crise sanitaria “nunca pasou pola nosa cabeza parar o noso programa preventivo”.

En total, a través dos programas financiados pola Deputación, a Asociación atendeu a un total de 314 persoas, entre menores en colexios e clubs deportivos e as súas familias. Ademais a entidade tamén formou como mediadores en prevención de adiccións a 21 alumnos e alumnas de Integración Social do Centro Escolar Lar de Mos.

Dende a Asociación Érguete queren destacar o apoio e a aposta da Deputación de Pontevedra pola prevención e pola saúde dos máis pequenos e pequenas nun ano tan difícil.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas