Home Terra de Celanova A Bola A Bola acolle as reunións de traballo do xeodestino “Terras de Celanova-Serra...

A Bola acolle as reunións de traballo do xeodestino “Terras de Celanova-Serra do Xurés”

- Anuncio -

A Mesa de Calidade Turística neste xeodestino constituíuse coa adhesión xa de 13 servizos turísticos “para continuar coa nosa estratexia de traballar a prol dun destino acreditado co Sistema Integral de Calidade Turística”, dixo Rosendo Fernández

Por outra banda, celebrouse a comisión de seguemento do xeodestino, conformada polos concellos integrantes e o Inorde -como ente xestor do mesmo-, para aprobar a liquidación da anualidade de 2023 e deseñar o plan de actuacións deste ano

A Casa Consistorial de A Bola acolleu as reunións de traballo do xeodestino “Terras de Celanova- Serra do Xurés”. A primeira delas foi a constitución da Mesa de Calidade Turística “para continuar coa nosa estratexia de traballar a prol dun destino acreditado co Sistema Integral de Calidade Turística”, sinalou o presidente do Inorde, Rosendo Fernández.

A Mesa de Calidade Turística no xeodestino “Terras de Celanova-Serra do Xurés” está integrada polas seguintes entidades: o Concello de A Bola -representado pola súa alcaldesa que asiste como deputada provincial da zona-, a Axencia de Turismo de Galicia -presente a través do xefe da área de xestión de calidade-, a Universidade de Vigo -representada polo vicerreitor do Campus de Ourense-, a Asociación de Comerciantes, Hostelería e Empresarios da Vila de Celanova (CHEA) (tamén en representación da CEO) -presente a través do seu presidente-, a Asociación Limia Verde – representada polo seu presidente -, a Asociación de Axencias de Viaxes de Galicia -presente a través do seu delegado en Ourense.

Nesta primeira etapa, xa se adheriron ao destino “Terras de Celanova-Serra do Xurés” ata 13 servizos turísticos, que xa completaron tanto a formación como a avaliación. Unha vez analizadas estas propostas pola Mesa de Calidade, serán elevadas ao Comité de Distinción Nacional, que se celebrará o vindeiro mes de xuño.

Estes servizos turísticos son: Acouga Hotel Boutique de Celanova, a oficina de información turística “Porta do Parque” de Lobeira, o Hotel Celanova, a vivenda de uso turístico “Celanova House”, os aloxamentos rurais de Ramirás “Casa da Fonte” e “Casa Ramirás”, a guía de turismo Berta María López Paz, os bares e cafeterías de Celanova “Café Bar Novo América” e “Casaberta”, e os restaurantes “Mesón Vieira” de Celanova, “Restaurante Casa Ramirás”, “Restaurante Alquimia” de Celanova, e “Restaurante O Muiñeiro” de Barbadás.
Comisión de seguimento do xeodestino

Por outra banda, tamén se celebrou a comisión de seguemento do xeodestino, conformada polos concellos integrantes e o Inorde -como ente xestor do mesmo- para aprobar a liquidación da anualidade 2023, así como para deseñar as actuacións que se levarán a cabo ao longo deste ano. Estas accións están orientadas a continuar co impulso ao SICTED e a promocionar este territorio en canles profesionais que, en todo caso, requiren de sinerxías entre o sector público e o tecido turístico do xeodestino.

Os concellos que integran este xeodestino son: A Bola, A Merca, Bande, Barbadás, Cartelle, Celanova, Entrimo, Gomesende, Lobeira, Lobios, Muíños, Padrenda, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas