HomePontevedraCaldasA compañía Malasombra leva “Testosterona” este domingo a Caldas de Reis no...

A compañía Malasombra leva “Testosterona” este domingo a Caldas de Reis no marco do ciclo escénico da Deputación

- Anuncio -spot_img

A función, con entrada libre ata completar aforo, terá lugar ás 19:00 horas no Auditorio Municipal da vila

O Auditorio Municipal de Caldas de Reis será escenario este domingo, 10 de decembro, da actuación de Malasombra, que porá en escena a obra “Testosterona” no marco do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano. A función dará comezo ás 19:00 horas e a entrada será libre ata completar o aforo.

A peza teatral “Testosterona” aborda o proceso de decisión dun director de medios de comunicación que debe elixir a un dos seus subdirectores, un é home e outro muller, para que ocupe o seu posto de traballo. Exponse unha disxuntiva sobre cal será a persoa que ocupe o cargo e, sobre todo, cales serás os principais factores que influirán na decisión. Unha fábula contemporánea cunha lectura a diferentes niveis, no que sobresae a idea de que a muller se conforma con acadar o poder que o sistema, creado polos homes, establece.

Co ciclo teatral “Tornar ás Táboas” a Deputación de Pontevedra está a achegar, dende outubro e ata finais de mes, un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Participan neste programa provincial trinta compañías de teatro galegas que están a ofrecer por toda a xeografía de Pontevedra unha ampla variedade de espectáculos.

Publicacións Relacionadas