Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación, a través do Inorde, alíase con Renfe para promover o...

A Deputación, a través do Inorde, alíase con Renfe para promover o turismo e as viaxes de negocios en Ourense

- Anuncio -

Esta alianza foi asinada en Fitur por parte do presidente do Inorde e deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández; e polo director da Área de Negocio de Alta Velocidade e Outros Servizos Comerciais de Renfe, Javier Pérez López

Este acordo, suscrito a través do Inorde, inclúe descontos do 10% en billetes AVE e Longa Distancia

A Deputación de Ourense, a través do Instituto Ourensano de Desenvolvemento Económico (Inorde) e Renfe, veñen de subscribir un acordo de colaboración para fomentar de forma conxunta o turismo na provincia de Ourense e os desprazamentos en tren como medio de transporte seguro e sostible. Esta alianza foi asinada en Fitur por parte do presidente do Inorde e deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández; e polo director da Área de Negocio de Alta Velocidade e Outros Servizos Comerciais de Renfe, Javier Pérez López.

Con este acordo, ambas entidades colaboran na promoción de Ourense como destino turístico e de negocios. A compañía Renfe ofrecerá un 10% de desconto sobre a tarifa no momento da compra aos asistentes e expositores das actividades que se leven a cabo para promocionar o turismo de congresos, convencións e aqueles outros eventos que celebre ou organice a Deputación a través do Inorde. Renfe tamén ofrecerá o mesmo desconto sobre o prezo de referencia a todo viaxeiro que contrate escapadas temáticas ou de turismo MICE (Meetings, Incentivos, Convencións, Eventos e Congresos) a través das empresas designadas polo Consorcio.

Por último, este acordo tamén facilitará a realización de viaxes en grupo en tren, así como a posibilidade de promover paquetes vacacionais que inclúan os trens de Longa Distancia de Renfe e outros servizos de aloxamento, ocio e cultura.

Relacionadas

A Deputación inaugura este venres no Palacete das Mendoza unha exposición pictórica de Tato...

0
A mostra estará dispoñible na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas ata o próximo 16 de febreiro A Deputación de Pontevedra inaugura...

Luis Menor anuncia á presidenta da FEMP que Massanassa será o municipio de Valencia...

0
O presidente provincial, Luis Menor, reuniuse en Fitur con María José García-Pelayo, para informarlle da acción piloto que poñerá en marcha a Deputación de...

A Deputación levará este domingo a máis de 120 persoas da provincia a desfrutar...

0
Son veciños e veciñas de 25 concellos da provincia, que gozarán de estancias no Gran Talaso Hotel Sanxenxo e no Balneario de Mondariz, en...

A Deputación presenta no Museo un libro sobre o compositor Marcial del Adalid coa...

0
A publicación, editada pola Real Academia Galega, preséntase o próximo xoves 30 de xaneiro coa intervención da autora e do presidente da RAG O Museo...

Luis López adianta ao alcalde de Campo Lameiro un apoio máximo de 1 M€...

0
O presidente provincial vén de manter un encontro institucional co rexedor Carlos Costa no que abordaron asuntos de interese mutuo para ambas as administracións O...

O PP de Ourense esixe explicacións ao BNG por incluír na lista das municipais...

0
·      Os populares expresan o seu “estupor” e reclaman ao BNG que “por responsabilidade” investigue como puido dar cabida na súa formación a unha persoa...

Publicacións Relacionadas