HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación, a través do Inorde, organiza un curso sobre poda rexenerativa...

A Deputación, a través do Inorde, organiza un curso sobre poda rexenerativa en viñedos para prolongar a súa vida útil

- Anuncio -spot_img

A formación enmárcase no proxecto de colaboración transfronteiriza entre España e Portugal Circular Systems, financiado con fondos FEDER, que busca reverter a tendencia actual onde as novas plantacións apenas alcanzan os 25 anos de media, fronte aos máis de 80 anos que presentan as viñas vellas

Esta iniciativa desenvolverase os días 6 e 7 de marzo en no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia e na finca experimental situada xunto ao Castelo de Monterrei

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, organiza unha actividade formativa especializada en poda rexenerativa e de “respecto” no viñedo. Esta iniciativa desenvolverase os días 6 e 7 de marzo en Xinzo de Limia e Monterrei co obxectivo de dotar aos viticultores de técnicas que freen a deterioración prematura das cepas e fomenten a sustentabilidade do sector.

Esta formación enmárcase nun proxecto de colaboración transfronteiriza entre España e Portugal que busca solucións de economía circular. No contexto do viñedo, a estratexia céntrase en aumentar a vida útil das plantas, revertendo a tendencia actual onde as novas plantacións apenas alcanzan os 25 anos de media, fronte aos máis de 80 anos que presentan as viñas vellas.

As prácticas agresivas das últimas décadas, orientadas á produción intensiva e a dependencia química, aceleraron a morte das cepas. A “poda de respecto” xorde como un remedio efectivo para permitir que a vide desenvolva o seu potencial de forma natural e evitar feridas innecesarias.

Programa das xornadas

O curso combina sesións teóricas e prácticas dirixidas polos enxeñeiros agrícolas Enrique Santiago Pérez Espiño (técnico da DO Valdeorras) e Ricardo Dobao Macía (director técnico de Adega A Coroa).

A parte teórica está prevista para o venres, día 6, no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro que posúe o Inorde en Xinzo de Limia. Alí abordaranse conceptos de fisioloxía da vide, os “conos de desecación” causados por feridas de poda, a xestión do equilibrio e os erros máis comúns no campo.

O sábado, día 7, será a quenda da xornada práctica na leira experimental situada xunto ao Castelo Monterrei. Os asistentes aplicarán sobre o terreo os conceptos teóricos de formación e técnicas de poda de respecto.

Sobre o proxecto

Esta xornada formativa enmárcase na actividade 3, Accións Piloto de solucións Sistémicas, do proxecto europeo 0035_CIRCULAR SYSTEMS_6_E: “Ecosistemas territoriais e solucións de economía circular para previr a contaminación”, dentro do Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg VI A España-portugal (POCTEP) 2021-2027. Fondos FEDER.

Publicacións Relacionadas