O Inorde e a Consellería de Medio Rural veñen de subscribir un convenio bianual por 392.000 euros para a realización de actividades de conservación ex situ dos recursos zooxenéticos autóctonos
Tal e como explicou o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, este convenio, que asumirán ao 50% ambas institucións, “é primordial para a actividade desta granxa, que é fundamentalmente para a preservación dos recursos zooxenéticos, a recría e a posta a disposición dos ganadeiros dos exemplares”
Pola súa banda, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, puxo en valor esta cooperación “para a recuperación e preservación de razas autóctonas en perigo de extinción”
A Deputación de Ourense, a través do Inorde, e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Rural, reforzan a súa cooperación para preservar as razas autóctonas e en perigo de extinción. Por este motivo, veñen de asinar un convenio bianual, dotado con 392.000 euros, para a realización de actividades de conservación ex situ dos recursos zooxenéticos autóctonos como son a Ovella Galega, a Cabra Galega,e o Porco Celta.
Tal e como explicou o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, este convenio, que asumirán ao 50% ambas institucións, “é primordial para a actividade desta granxa, que é fundamentalmente para a preservación dos recursos zooxenéticos, a recría e a posta a disposición dos ganadeiros dos exemplares”. Pola súa banda, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, puxo en valor esta cooperación “para a recuperación e preservación de razas autóctonas en perigo de extinción”.
O convenio subscrito tamén contempla a promoción da cría en pureza, recuperación e mantemento da diversidade xenética, así como a divulgación e sensibilización sobre o valor destas razas para o medio rural. Este acordo está cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Plan estratéxico da política agraria común 2023_2027.
Este convenio súmase a outros acordos subscritos entre a Deputación e a Xunta para a extensificación das explotacións gandeiras de razas en perigo de extinción, así como para o Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós , que serán asinados en vindeiras datas.