HomeO RibeiroCastrelo de MiñoA Deputación, a Xunta e o Concello de Castrelo de Miño planifican...

A Deputación, a Xunta e o Concello de Castrelo de Miño planifican a súa colaboración co Parque Náutico de Galicia

- Anuncio -spot_img

Articularase un convenio a catro bandas para articular o futuro ordenado e ben planificado “dun espazo que é absolutamente estratéxico para a provincia e para a práctica de deportes náuticos en toda Galicia”, explica o presidente provincial, Luis Menor

A Deputación, a Xunta e o Concello de Castrelo de Miño traballarán conxuntamente na planificación de actividades e colaboración respecto ao Parque Náutico de Galicia, co obxectivo fixar unha folla de ruta clara e precisa respecto a “un espazo que é absolutamente estratéxico para o desenvolvemento turístico e deportivo da provincia”, tal e como explicou o presidente provincial, Luis Menor.

Na reunión, -á que asistiron, ademáis do presidente da Deputación, o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; así como o director de Área de Deportes, Marcos Vázquez; o asesor de Política Deportiva da Deputación, Diego Enrique Álvarez; e director do Club Náutico de Galicia, Gabriel Fernández-, analizaron conxuntamente as actividades que se realizan neste espazo e avanzaron accións que completarán o desenvolvemento futuro e ordenado desta instalación, algo que se articulará a través dun convenio no que estarán implicadas as catro institucións (Deputación, Xunta, Concello de Castrelo de Miño e Club Náutico de Galicia).

Publicacións Relacionadas