Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación abre este luns o prazo para inscribirse nunha nova quenda...

A Deputación abre este luns o prazo para inscribirse nunha nova quenda das Rutas Ornitolóxicas “Voando nas Rías Baixas”

- Anuncio -

A camiñada para observar aves desenvolverase de xeito gratuíto o 24 de outubro no Complexo Intermareal Umia-O Grove

A Deputación de Pontevedra abre hoxe luns, 11 de outubro, o prazo de inscrición para a terceira das rutas ornitolóxicas programadas dentro da cuarta edición da iniciativa “Voando nas Rías Baixas”, organizada pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife. O obxectivo é dar a coñecer a riqueza ornitolóxica da provincia e concienciar sobre a preservación de espazos naturais protexidos. Esta nova ruta, que se desenvolverá o 24 de outubro, permitirá coñecer a riqueza ornitolóxica e paisaxística do Complexo Intermareal Umia- O Grove, nos concellos de Cambados, O Grove, Meaño e Sanxenxo. Ofértanse 20 prazas para esta camiñada guiada de carácter gratuíto e as persoas interesadas poden anotarse na páxina web da Deputación (https://www.depo.gal/voando-nas-rias-baixas).

O Complexo Intermareal Umia-O Grove trátase dun espazo protexido pola Rede Natura 2000 como Zona Húmida de Importancia Internacional e como Zona de Especial Interese Comunitario pola importancia da súa biodiversidade. No ano 2014 unha parte deste espazo foi declarado reserva ornitolóxica de SEO/BirdLife, sendo a reserva ornitolóxica máis grande de España, a única de Galicia e a única que conta con medio mariño. Trátase dunha das mellores zonas de España para a observación de aves acuáticas invernantes, tanto pola diversidade coma pola cantidade, pois máis de 18.000 exemplares pasan os meses fríos nesta reserva. Entre as numerosas especies que se concentran no Complexo Intermareal Umia-O Grove destacan cullereiros, gabitas, virapedras, pilros, mazaricos, píllaras, biluricos, parrulos, garzas, gaivotas, carráns e corvos mariños.

A andaina estará conducida por dúas experimentadas persoas guías ornitolóxicas de SEO Birdlife Pontevedra. Como recomendacións para as/os participantes, aconséllase levar roupa cómoda e calzado apropiado para moverse polo campo, así como protector solar. Cada participante terá á súa disposición prismáticos de observación de aves, así como dous telescopios terrestres de alta gama para poder desfrutar das aves sen molestalas. Tamén recibirán como material didáctico unha Guía de aves, así como unha lista de aves para que elaboren a súa lista durante a ruta. No caso daquelas persoas que dispoñan de prismáticos e guías de campo recoméndase que os leven, ao igual que unha pequena libreta para aprender a facer un caderno de campo.

Despois desta terceira ruta, o resto continuará a partir do mes de novembro, coa camiñada pola Enseada de San Simón (Redondela, Soutomaior, Pontevedra e Vilaboa) o día 14, coas inscricións abertas desde o día 2 de novembro. “Voando nas Rías Baixas” concluirá o 19 de decembro coa ruta polo Estuario do Río Miño (A Guarda) e pola Foz da Ramallosa (Nigrán). Neste caso, as persoas interesadas poderán anotarse desde o 7 de decembro.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas