test
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación abre este martes as inscricións para a nova xeira de...

A Deputación abre este martes as inscricións para a nova xeira de visitas guiadas ao convento de Santa Clara

- Anuncio -

As visitas terán lugar os días 7, 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño e as solicitudes realizaranse a través do sitio web do Museo de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra abre este martes 28 de maio ás 9:00 horas as inscricións para asistir á nova xeira de visitas guiadas que realizará durante o mes de xuño ao recinto conventual de Santa Clara. As xornadas de portas abertas ao inmoble terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas, e a asistencia poderase solicitar a través do sitio web do Museo de Pontevedra.

As visitas guiadas estarán a cargo do persoal da área de Educación do Museo de Pontevedra e realizaranse en grupos de 20 persoas cunha duración dunha hora. O percorrido iniciarase na igrexa e, a continuación, visitaranse estancias como o coro baixo, o coro alto e mais o claustro. Ademais, as visitas tamén permitirán coñecer a zona verde do convento, tanto a horta como o bosque.

O convento de Santa Clara, a súa finca e o seu muro están catalogados como bens con protección para a conservación monumental. A súa historia remóntase ao ano 1271, segundo a ficha do catálogo municipal, aínda que a primeira referencia directa documental do convento data de 1293, nun documento que se conserva na Colección Casto Sampedro do Museo de Pontevedra que fai referencia á doazón que se fixo a Tareixa Pérez, monxa de Santa Clara. No século XIV constrúese a Igrexa, de estilo gótico, que conta cun importante conxunto de retablos barrocos.

O xardín é o grande atractivo do patrimonio natural en Santa Clara, un espazo cunha extensión de preto de 12.000 metros cadrados no que medra unha gran cantidade de árbores froiteiras. Ademais tamén conta coa horta na que as monxas cultivaban e producían produtos, na que destacan as vides para a produción de viño.

Relacionadas

Lete Lasa sinala que Moaña será o o epicentro do ciclismo galego ao acoller...

0
_Destaca a participación de 200 ciclistas nestes Campionatos e sinala o nome de Alejandra Neira, do Club Ciclista Cambre, que con tan só 16...

Luis López destaca a importancia de produtos innovadores como Tintilán, o bus turístico do...

0
O presidente provincial participa en Sanxenxo xunto co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na presentación dun proxecto piloto que se estreará este verán na...

Soutomaior acollerá o 13 de xullo a primeira edición do Festival ‘Son das Alvedosas’

0
O Concello de Soutomaior, da man da asociación cultural e xuvenil ‘Irmandiñas de Soutomaior’, organiza este evento musical e cultural. A concelleira de Xuventude, Rosana...

Unha viaxe de fantasía na procura das raíces coa Aula Municipal de Teatro do...

0
O alumnado rematará o curso subíndose ao escenario do auditorio municipal este venres 28 ás 21.00 horas Representarán ‘Vila Marabilla’, un espectáculo froito da creación...

Luis López adianta ao alcalde da Cañiza unha axuda de case 100.000 euros para...

0
O presidente provincial informou ao rexedor Luis Antonio Gómez Piña de investimentos por valor de máis de 1,3 millóns de euros ao abeiro de...

Rafa Domínguez presenta “Xulio Gil. Insercións” e remarca a calidade e beleza das pezas...

0
O vicepresidente provincial subliñou que “esta nova publicación contribuirá a completar o amplo catálogo do servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra” Participaron no acto...

Publicacións Relacionadas