HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación abre este martes o prazo de inscrición nos primeiros premios...

A Deputación abre este martes o prazo de inscrición nos primeiros premios de deseño Xuventude en E-maxes

- Anuncio -spot_img

Outorgaranse 2.000 euros entre as mellores imaxes, que se seleccionarán para ilustrar os apartados da sección de Xuventude do portal web da institución provincial

A Deputación organizará unha exposición coas mellores imaxes representativas dos 61 concellos da provincia no marco do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes

A Deputación de Pontevedra abre o próximo martes 1 de abril o prazo de recepción de candidaturas á primeira edición dos premios de deseño Xuventude en E-maxes. Esta convocatoria busca facer a mocidade partícipe do proxecto que a institución provincial está a desenvolver para a dinamización deste grupo de idade na provincia de Pontevedra, outorgando premios valorados en 2.000 euros. Os deseños ilustrarán o apartado de Xuventude do sitio web institucional e tamén se organizará unha exposición no marco do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes.

O prazo manterase aberto ata o 30 de maio e as mozas e mozos interesados poderán presentar traballos que representen a xuventude da provincia en conxunto, ou os seus concellos, amosando valores como a diversidade ou a pluralidade, sen texto ou letras. Os premios están divididos en dúas categorías: a primeira delas, portadas, está destinada a encabezar as dúas seccións principais da sección de Xuventude do portal institucional provincial: ‘Espazo Deputación’ e ‘Espazo Concellos’. Cada un deles estará dotado de 300 euros e poderán participar mozas e mozos de entre 15 e 35 anos empadroados na provincia, presentando soamente un traballo por cada sección.

Na segunda categoría, recursos dos concellos, poderán participar os centros educativos da provincia (poderán presentar un só traballo por aula e tantos traballos como aulas teña o centro) tanto de primaria como de secundaria. Escolleranse 61 imaxes gañadoras, unha por municipio, que se converterán na imaxe representativa de cada concello dentro do ‘Espazo Concellos’ de Xuventude e, ademais, formarán parte dunha exposición que se organizará como actividade complementaria do segundo encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes. Entre estas 61 imaxes escolleranse tres gañadoras que recibirán tres premios de 650, 450 e 300 euros, que recibirán os centros e poderanse destinar a realizar saídas educativas ou á compra de material didáctico.

Publicacións Relacionadas