Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación abre este martes o prazo para inscribirse na última das...

A Deputación abre este martes o prazo para inscribirse na última das Rutas Ornitolóxicas “Voando nas Rías Baixas”

- Anuncio -

A camiñada para observar aves desenvolverase de xeito gratuíto o 19 de decembro polo Esteiro do Río Miño (A Guarda) e a Foz de Ramallosa ou do río Miñor (Nigrán e Baiona)

A Deputación de Pontevedra abre este martes, 7 de decembro, o prazo de inscrición para a quinta e última das rutas ornitolóxicas programadas dentro da cuarta edición do programa “Voando nas Rías Baixas”, organizado pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife e que ten como obxectivo dar a coñecer a riqueza ornitolóxica da provincia e concienciar sobre a preservación de espazos naturais protexidos. Esta nova ruta, que se desenvolverá o vindeiro 19 de decembro, permitirá coñecer a riqueza ornitolóxica e paisaxística das contornas do Esteiro do Río Miño (A Guarda), e a Foz da Ramallosa ou do Río Miñor (Nigrán e Baiona), espazos protexidos pola Rede Natura 2000.

Ofértanse 25 prazas para esta camiñada guiada de carácter gratuíto e as persoas interesadas poden anotarse na web https://www.depo.gal/voando-nas-rias-baixas. A desembocadura do río Miño e a Foz da Ramallosa forman esteiros intermareais con gran diversidade de hábitats que atraen infinidade de aves, de xeito que no inverno nos pasos migratorios pódese gozar tanto de aves acuáticas coma de aves mariñas, rapaces ou paxariños palustres que buscan refuxio nas súas ribeiras. Entre elas hai que destacar as limícolas, coma mazaricos, biluricos, pilros ou avefrías, variedade de gaivotas, diferentes especies de parrulos, garzas, rálidos, mergullóns, ademais de aves mariñas coma os carráns cristados. Tamén é posible ver rapaces, como a tartaraña das xunqueiras, o lagarteiro cincento e a aguia pescadora.

A andaina estará conducida por dúas persoas guías de SEO Birdlife. Aconséllase ás persoas participantes levar roupa cómoda e calzado apropiado para moverse polo campo. Terán á súa disposición prismáticos de observación de aves, así como dous telescopios terrestres de alta gama para poder desfrutar das aves sen molestalas. Tamén recibirán como material didáctico unha Guía de aves, así como unha lista de aves para que elaboren a súa lista durante a ruta. No caso daquelas persoas que dispoñan de prismáticos e guías de campo recoméndase que os leven, ao igual que unha pequena libreta para aprender a facer un caderno de campo.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

Publicacións Relacionadas