HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación abre o parque canino de Cachamuiña para responder á alta...

A Deputación abre o parque canino de Cachamuiña para responder á alta demanda dun espazo para xogo e adestramento de mascotas na área metropolitana

- Anuncio -spot_img

Este servizo súmase a outras melloras impulsadas na área recreativa e natural, que verá ampliada proximamente a súa oferta coa estrea, ao inicio do encoro, dunha nova pasarela peonil máis accesible

O parque, nunha superficie de preto de 1.500 metros cadrados, está formado por unha ducia de elementos de adestramento e xogo, axeitados para mellorar a rapidez, a axilidade ou a concentración dos cans, ademais de fomentar a socialización entre as mascotas

Tamén se impulsará a instalación de elementos inclusivos, comezando polo parque infantil

O espazo natural e recreativo de Cachamuiña, xestionado pola Deputación de Ourense, vén de estrear hoxe un novo servizo coa apertura do parque canino, un área pioneira con xogos, circuítos e instalacións que responden á elevada demanda dos donos de mascotas que visitan este espazo da área metropolitana de Ourense, do que diariamente desfrutan numerosas persoas para o seu tempo de lecer o facer deporte.

Este proxecto, que supuxo un investimento de 50.000 euros , trátase dunha zona cercada onde os cans poden xogar, socializar con outras mascotas e incluso e facer exercicios nunha ducia de elementos e circuítos. O parque, que tamén conta con bancos para os donos e outras zonas de descanso, abarca unha superficie de preto de 1.500 metros cadrados.

Unha ducia de elementos de xogo e destreza

O parque canino consta dunha ducia de elementos de xogo e adestramento. Entre eles, un slalom -postes que o can debe sortear en zig-zag, mellorando a súa rapidez, axilidade e concentración.

Tamén consta dun balancín para estimular a destreza e o equilibrio das mascotas e dunha empalizada para mellorar a súa estabilidade. Un túnel, pasos, valados e outros obstáculos completan as áreas de adestramento e xogo para os cans.

Ademais, hai áreas de descanso, así como fontes de auga e contedores para os residuos orgánicos. Os donos de mascotas dispoñen de bancos e áreas de descanso.

Outras melloras

O novo parque canino súmase a outras melloras impulsadas neste gran pulmón verde de Cachamuíña, que xestiona a Deputación de Ourense. Así, en próximas semanas prevese que sexa instalada a nova pasarela peonil que comunicará ambos lados do encoro, unha estrutura metálica prefabricada máis accesible para o tránsito de peóns e bicicletas, suprimindo as anteriores barreiras arquitectónicas. Aproveitando estes traballos habilitarase un novo tramo do sendeiro no encoro

Ademais, o parque infantil ampliarase para dotalo de xogos inclusivos e outras melloras para as familias.

A Deputación de Ourense, no seu obxectivo de ofrecer máis servizos de esparexemento nun espazo moi empregado polos veciños da cidade e da área metropolitana, xa executou con anterioridade outros proxectos como o propio parque infantil, de calistenia e biosaudable; o parque da Igualdade; un novo aparcadoiro; e mailo espazo cedido pola Fundación CumLaude para engadir o ámbito artístico a esta gran área.

Publicacións Relacionadas