Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación abre o prazo de inscrición para matricularse na Escola Provincial...

A Deputación abre o prazo de inscrición para matricularse na Escola Provincial de Danza

- Anuncio -

O curso 2023-24 dará comezo o 2 de outubro para as actividades de Baile, Pandeireta e Canto, así como de Gaita para acompañamento de grupos de baile. Tamén comezará o Obradoiro de Tecido Tradicional

O Obradoiro de Xogos Populares tamén abre a inscrición para os centros educativos públicos de Ourense, que xa dispoñen da ficha de inscrición e programación para poder cursas as solicitudes a través do Rexistro Xeral da Deputación

A Escola Provincial de Danza do CCP Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense abre desde hoxe, 18 de setembro, a matrícula para o curso 2023-24. As clases comezarán o luns 2 de outubro para as actividades de Baile, Pandeireta e Canto, e de Gaita para acompañamento de grupos de baile, así como o Obradoiro de Tecido Tradicional.

As clases organízanse en grupos segundo idade e nivel, de luns a venres, de 17.30 a 21.00 horas, e poden participar todas as persoas maiores de 5 anos unha vez realizada a matrícula que continuará aberta durante o mes de outubro ata cubrir as prazas dispoñibles.

Para formalizar a matrícula será preciso recoller o formulario de inscrición no local da Escola de Danza situado no Centro Comercial “As Lagoas”, na praza Daniel González, pagar as taxas correspondentes e cubrir unha ficha cos datos persoais, acompañando unha fotografía.

Para máis información poden chamar ao teléfono 988317880 ou no correo electrónico ccpescoladanza@depourense.es

Obradoiro de Xogos Populares

O Obradoiro de Xogos Populares tamén abre a inscrición para os centros educativos públicos de Ourense. Ao igual que en edicións anteriores, este programa leva aos rapaces de toda a provincia actividades lúdico-educativas vinculadas coa cultura tradicional. Dende o CCP Xaquín Lorenzo envíase a todos os centros a ficha de inscrición e a programación deste obradoiro para que poidan cursar a súa solicitude a través do Rexistro da Deputación de Ourense.

Relacionadas

A Deputación destina preto de 500.000 euros a obras en diferentes municipios da provincia

0
Allariz, Boborás, Cortegada, Lobios, A Merca, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar, San Xoán de Río e Castrelo de Miño recibirán as achegas para...

Luis Menor compromete o apoio da Deputación para dar pulo á FP, poñendo a...

0
O presidente do goberno provincial así o anunciaba hoxe durante a presentación do programa Innovatech FP da Xunta de Galicia, no Centro Galego de...

O alcalde inaugura as obras de acondicionamento e mellora das rúas Valle Inclán, Ramón...

0
Completan a remodelación de 6 rúas do centro da cidade, cun investimento total de 2,2 millóns de euros “É unha grande mellora do centro da...

Luis López inaugura a senda peonil do Foxo Vello, en Mos, na que a...

0
O presidente da Deputación completou parte dun itinerario que ten como obxectivo mellorar a seguridade viaria e potenciar a mobilidade peonil na contorna do...

Esgotadas as prazas para a sexto ruta ornitolóxica “Voando nas Rías Baixas” no Esteiro...

0
A andaina gratuíta para a observación de aves que se desenvolverá no concello da Guarda terá lugar o próximo día 8 de outubro En menos...

Máis de 100 persoas xubiladas da provincia comezan esta semana novos obradoiros de “Depo...

0
As actividades formativas deste programa co que a Deputación está a promover o envellecemento activo e a independencia das persoas maiores na provincia comezan...

Publicacións Relacionadas