Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación acolle unha reunión de coordinación sobre estradas e seguridade viaria...

A Deputación acolle unha reunión de coordinación sobre estradas e seguridade viaria nas vías provinciais, autonómica e estatal

- Anuncio -

Os participantes intercambiaron información sobre obras en curso ou previstas, melloras de conexión entre vías de diferente titularidade ou actuacións para controlar a velocidade do tráfico

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu hoxe unha reunión de coordinación entre representantes das administracións provincial, autonómica e estatal, ademais da Dirección Xeral de Tráfico e Garda Civil, para intercambiar información sobre incidencias, obras ou estado das estradas que discorren pola provincia de Ourense, así como tamén das campañas que se realizan en materia de seguridade viaria.
Na reunión, de carácter trimestral e convocada cada vez por unha das administracións, participaron o xefe da Unidade de Estradas do Estado, Álvaro Rodríguez; o xefe do Servizo Provincial de Ourense da Axencia Galega de Infraestruturas, Marcos Buide; o xefe provincial de Tráfico, David Llorente; o xefe do Subsector de Tráfico de Ourense da Garda Civil, Javier Barja; e como anfitrioa a directora da Área de Infraestruturas da Deputación, Marta Docampo.
Os representantes das administracións que xestionan estradas públicas expuxeron a relación de obras previstas durante o próximo trimestre, ou xa en curso. Tamén se analizou a mellora das interseccións en puntos de conexión entre estradas autonómicas e provinciais e autonómicas e estatais.
Ademais, debatéronse posibles solucións aos problemas recollidos nos informes de seguridade viaria redactados polo Subsector de Tráfico da Garda Civil.
Pola súa banda, o xefe provincial de Tráfico repasou as medidas adoptadas para o control da velocidade de vehículos, que inclúen puntos da rede provincial onde se teñen rexistradas queixas por parte da veciñanza dos núcleos que atravesan estas vías.

Relacionadas

Luis López presenta unhas Rías Baixas con 61 concellos, que valora ao anfitrión e...

0
O presidente da Deputación, acompañado pola deputada de Turismo Nava Castro e membros do goberno provincial, estrean por primeira vez na provincia, antes que...

O Concello de Ourense externalizará a xestión e servizo do Complexo termal das Burgas...

0
O grupo de Goberno informou esta mañá nunha reunión de portavoces a externalización da xestión da xestión e servizo das Termas das Burgas coa...

A Deputación apoia a cuarta edición da proba ciclista O Gran Camiño, na que...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destacou na presentación oficial do evento a “gran oportunidade de difusión” para a provincia que ten a proba, que...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Valga para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou a oficina móbil, que percorrerá todos os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para divulgar os...

A Deputación presenta por vez primeira na provincia a campaña de promoción turística do...

0
O presidente provincial Luis López, acompañado doutros membros do goberno da Deputación e dos participantes na campaña, desvelará a campaña este martes, 14 de...

A Deputación ten aberta ata este domingo 19 de xaneiro no Museo de Pontevedra...

0
As obras expostas na mostra recóllense nunha publicación que repasa a vida e a obra artística de quen foi tamén alcalde de Bueu A exposición...

Publicacións Relacionadas