Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación acorda manter os prezos públicos das entradas de Pazolandia, que...

A Deputación acorda manter os prezos públicos das entradas de Pazolandia, que se celebrará entre o 26 de decembro de 2024 e o 4 de xaneiro de 2025

- Anuncio -

A Xunta de Goberno da Deputación tamén fixou na súa sesión desta mañá os prezos públicos do Plan Anual de Publicacións 2024, así como aprobou mobilizar 108.000 euros para a cooperación en senllos proxectos con municipios da provincia

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar, na súa sesión ordinaria desta mañá, os prezos públicos das entradas ao parque de atraccións Pazolandia, o gran clásico do Nadal da provincia que se desenvolverá do 26 de decembro de 2024 ao 4 de xaneiro de 2025. Os prezos fixados serán os mesmos que os do pasado exercicio: 5 euros por persoa para as entradas xerais e 4 euros por persoa para quenes integren os grupos promovidos polos concellos e asociacións da provincia.

Tamén foron fixados os prezos públicos do Plan de Publicacións do ano 2024, que está conformado polas seguintes obras: Coedición coa Fundación Jorge Jove do libro de Manuel Lage Barreiros “Historia Completa”; “Demografía, familia y reproducción social en tierras de Celanova durante el Antiguo Régimen”, de Delfina Rodríguez Fernández; “La arquitectura del Renacimiento en Ourense. Imagen Urbana”, de Yolanda Barriocanal López; “Arames e fíos”, de Rochi Novoa Vázquez; e a coedición co Grupo Marcelo Macías da obra de Luis Orero Grandal e Francisco Fariña Busto, “Guías do Patrimonio. Castromao, Celanova”.

En materia de cooperación municipal, a Xunta de Goberno da Deputación vén de activar 108.000 euros en axudas para senllos proxectos en dous municipios da provincia: 48.000 euros para un proxecto de reparación de firme e travesía e 60.000 euros para a instalación dunha depuradora e conexión da rede de saneamento en varios pobos.

Relacionadas

A Deputación facilita aos ourensáns a consulta telemática de expedientes coa incorporación á Carpeta...

0
O organismo provincial avanza na dixitalización coa integración neste servizo que permite á veciñanza consultar nun mesmo espazo as comunicacións que emiten as institucións...

A Deputación adxudica a creación dunha oficina transfronteiriza de apoio á transición enerxética

0
Esta acción enmárcase dentro do Proxecto 0052_COMENERG_1_E cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de desenvolvemento rexional (FEDER) dentro do Programa INTERREG VI-A ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP)...

A Deputación destina máis de 15.000 € para que catro estudantes de FP poidan...

0
Os alumnos, que proveñen de centros educativos de Pontevedra, Redondela e Vigo, permanecerán entre un e cinco meses máis nos seus países de acollida A...

A Deputación reparte 80.000 € entre 18 entidades da provincia para que impulsen actividades...

0
Trátanse de entidades sen ánimo de lucro de 14 concellos que recibirán achegas de entre 800 e 5.500 euros para eventos como mostras e...

Luis López anuncia a posta en marcha de +Xuntas 2025, o programa da Deputación...

0
Ofertaranse en total máis de 200 obradoiros destinados a federacións e fundacións e enmarcados en catro temáticas: tecnoloxía, creatividade, natureza e saúde O presidente da...

A Deputación aproba as bases para os Campamentos da Lanzada do próximo verán cunha...

0
A institución provincial organizará 11 quendas dunha semana cada unha entre o 22 de xuño e o 6 de setembro para rapaces e rapazas...

Publicacións Relacionadas