HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación activa as engrenaxes para a mellora da mobilidade peonil na...

A Deputación activa as engrenaxes para a mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-9208 Noalla-Aios en Sanxenxo, cun investimento de preto de 1,2 M€

- Anuncio -spot_img

“Seguimos avanzando para mellorar a rede de estradas provinciais e facémolo da man dos concellos”, asegurou o presidente provincial Luis López quen engadiu que “esta era unha demanda de Sanxenxo e aquí estamos, activando as engrenaxes para que máis pronto ca tarde sexa unha realidade”

A Deputación de Pontevedra activa as engrenaxes para contratar as obras de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-9208 Noalla-Aios, en Sanxenxo, cun investimento de preto de 1,2 M€. O presidente provincial Luis López subliñou que “seguimos avanzando para mellorar a rede de estradas provinciais e facémolo, como non podía ser doutro xeito, da man dos concellos”.

Dos 1,2 M€ a Deputación de Pontevedra asume o 80% do financiamento, con preto de 951.000 €, mentres que o Concello de Sanxenxo destina o 20%, con preto de 240.000 €. Neste eido, o presidente da Deputación asegurou que “esta actuación era unha demanda do Concello de Sanxenxo e aquí estamos, activando as engrenaxes, para que máis pronto ca tarde sexa unha realidade”.

As obras de mellora na estrada provincial EP-9208 Noalla-Aios contemplan a creación dun itinerario peonil de 960 metros de lonxitude cunha senda de 2,5 metros na marxe dereita, así como a redistribución dos espazos existentes na plataforma. Ademais, tamén se vai renovar, mellorar e relocalizar as paradas de autobús e executar outras actuacións como novos pasos de peóns elevados e a renovación da rede de drenaxe, alumeado público e mobiliario urbano.

Publicacións Relacionadas