Home Pontevedra Barro A Deputación activa este mércores a Oficina de Transformación Comunitaria cunha xornada...

A Deputación activa este mércores a Oficina de Transformación Comunitaria cunha xornada sobre comunidades enerxéticas no Viveiro de Empresas de Barro

- Anuncio -

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, inaugura este mércores ás 10:30 horas este encontro no que se dará a coñecer que é unha comunidade enerxética, o papel das administracións no seu desenvolvemento e casos de éxito

Na xuntanza tamén se detallarán os servizos que ofrecerá a institución provincial a través da Oficina de Transformación Comunitaria que acollerá o Centro de Servizos e Apoio Empresarial de Barro

A Deputación de Pontevedra activa este mércores a Oficina de Transformación Comunitaria cunha xornada sobre comunidades enerxéticas no Viveiro de Empresas do Polígono de Barro. O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, será o encargado de inaugurar,  este mércores ás 10.30 horas, este encontro no que se dará a coñecer que é unha comunidade enerxética, o papel das administracións no seu desenvolvemento, casos de éxito ou fórmulas de financiamento.

Na xornada, na que se darán cita entidades relacionadas coas enerxías renovables de Galicia e Andalucía, así como empresas de todo o territorio estatal, tamén se detallarán os servizos que ofrecerá a institución provincial a través da Oficina de Transformación Comunitaria da Deputación, financiada con fondos Next Generation EU, que estará situada no Centro de Servizos e Apoio Empresarial de Barro. Trátase dun espazo dende o que se vai fomentar e impulsar a creación e o desenvolvemento de comunidades enerxéticas en todas as comarcas da provincia, sendo o medio rural, especialmente os concellos de reto demográfico, a súa prioridade. Para conseguilo, o proxecto contempla actividades de difusión, acompañamento, asesoramento, así como a creación dunha rede de comunidades enerxéticas provincial e diferentes iniciativas de formación e investigación.

No que respecta á difusión está prevista a realización de charlas nos concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes para dar a coñecer os servizos da oficina e a figura das comunidades enerxéticas, así como  de xornadas, como a que se celebrará o mércores en Barro, para expoñer casos de éxito, problemáticas e oportunidades a carón das comunidades enerxéticas. Ademais, organizarase de cara ao vindeiro ano un congreso provincial para poñer en común a experiencia obtida polas comunidades enerxéticas creadas e para analizar desenvolvementos futuros.

A Oficina de Transformación Comunitaria da Deputación tamén realizará acompañamento daquelas entidades interesadas en crear unha comunidade enerxética. Deste xeito, e unha vez formalizada a solicitude, realizarase un completo asesoramento tanto na fase de constitución das comunidades enerxéticas, como na de desenvolvemento do proxecto e na de explotación. Axudaráselles a deseñar un proxecto de xeración, ben térmico ou eléctrico, para dar cobertura aos participantes na comunidade enerxética, e tamén prestarase asesoramento económico sobre créditos e fórmulas de financiación. Ademais realizaranse informes previos de cara á implantación de comunidades enerxéticas, desde a análise de capacidade produtiva de enerxía ata estudos económicos, para coñecer a viabilidade financeira dos proxectos, ou informes legais e xurídicos.

O proxecto contempla tamén a posta en marcha dunha rede de comunidades enerxéticas da provincia e o observatorio provincial de comunidades enerxéticas, que recollerá datos dos proxectos para elaborar un inventario que permita calcular o aforro enerxético xerado polas comunidades, así como a redución da dependencia enerxética do exterior e o descenso nas emisións de gases de efecto invernadoiro. Ademais impartirá formación dirixida, inicialmente, a todo aquel persoal das entidades locais e comunidades enerxéticas, para que sexan capaces de xestionar e levar a bo porto os seus proxectos de produción e consumo de enerxía.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Publicacións Relacionadas