Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación acudirá á feira Intur 2024 con 20 empresas ourensáns que...

A Deputación acudirá á feira Intur 2024 con 20 empresas ourensáns que serán seleccionadas entre negocios e servizos especializados en turismo de interior

- Anuncio -

Canalizada a través do Inorde, dentro do convenio subscrito con Turismo de Galicia, esta acción de promoción abre por primeira vez a posibilidade de que as empresas ourensás do sector poidan participar de forma agrupada a través do expositor que a Deputación Ourense terá neste evento


As empresas interesadas xa poden presentar as súas solicitudes na sede electrónica da Deputación ata as 24.00 horas do día 27 de setembro. As bases da convocatoria están á súa disposición en inorde.com


A Deputación de Ourense vén de publicar as bases para a participación de empresas e autónomos de servicios turísticos da provincia na Feira Internacional de Turismo Interior, Intur, que se celebrará en Valladolid en novembro.

Canalizada a través do Inorde, dentro do convenio subscrito con Turismo de Galicia, esta acción de promoción abre por primeira vez a posibilidade de que as empresas ourensás do sector poidan participar de forma agrupada na feira a través do expositor que a Deputación de Ourense terá neste evento.

As empresas seleccionadas terá cubertos os custos de inscrición en Intur Negocios, transporte colectivo e aloxamento dunha noite, tendo que realizar un copago de 15 euros. Ademais, está prevista unha xornada de formación previa para organizar as súas citas e axenda de traballo en Intur Negocios.

Mediante esta iniciativa, a Deputación de Ourense da un paso máis na promoción da provincia como destino turístico de calidade, axudando ademais a adaptar a oferta existente á demanda e servir, ao tempo, de soporte a novas iniciativas turísticas.
As empresas interesadas en participar nesta delegación ourensá xa poden presentar as súas solicitudes na sede electrónica da Deputación ata as 24.00 horas do día 27 de setembro. As bases para esta convocatoria están á súa disposición en inorde.com
Intur Negocios celébrase o 14 de novembro, xornada exclusiva para profesionais e durante a que se desenvolven as citas de traballo. Na propia feira, do 15 ao 17, haberá unha presentación da provincia no expositor da Deputación para axencias de viaxes da área de Valladolid e da comunidade de Castela e León no seu conxunto.

Relacionadas

Luisa Sánchez participa no acto de clausura dun proxecto de defensa persoal de Érguete-Integración

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, clausurou hoxe o Proxecto DANA, desenvolvido pola Fundación Érguete-Integración e subvencionado con máis de 4.300 €...

Rafa Domínguez participou como vogal no fallo do concurso de ideas para a rehabilitación...

0
O xurado deu a coñecer esta mañá o fallo sobre o proxecto de reforma integral do edificio histórico e da súa contorna O equipo gañador,...

A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, clausura a xornada Alzheimer de Preto en Vigo

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, clausurou hoxe a xornada Alzheimer de Preto en Vigo, que a institución provincial organiza xunto a...

Luis López, coa secretaria de Estado de Turismo, Rosario Sánchez, na feira internacional WTC...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, intercambiou impresións este mércores coa secretaria de Estado de...

Luisa Sánchez participa na presentación do IV Festival de Órgano de Vigo 8pés

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este mércores na presentación do IV Festival de Órgano de Vigo 8pés, organizado pola Orquestra...

A Deputación recibe unha achega de 47.000 euros da Xunta de Galicia para o...

0
Son 10.000 € máis que o pasado ano e permiten axudar a sufragar gastos derivados de 266 esterilizacións, 596 identificacións e 980 recollidas de...

Publicacións Relacionadas