Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación adica 8 de xaneiro ás mulleres que sacaron adiante ás...

A Deputación adica 8 de xaneiro ás mulleres que sacaron adiante ás súas familias mentras os seus maridos estaban na emigración, dentro da iniciativa “8M, mes a mes”

- Anuncio -

Personifica esta campaña Julia Vázquez Álvarez, residente de As Mamoelas (A Bola), primeira muller da zona en sacar o carné de conducir, ferramenta que utilizou para sacar adiante á súa familia mentres o seu marido traballaba emigrado en Suiza

O lema deste mes escollido pola Área de Igualdade da Deputación é “Pilastras da Igualdade”, para destacar a forza, resiliencia e traballo das mulleres que viviron situacións similares á de Julia Vázquez

A Área de Igualdade da Deputación continúa coa súa campaña “8M, mes a mes”, pensada para dar visibilidade ás mulleres con traxectorias destacadas en profesións altamente masculinizadas, así como para potenciar a importancia do traballo transversal da muller.

Así a Deputación dedica o mes de xaneiro a todas aquelas mulleres que sacaron adiante as súas familias adentrándose en profesións masculinizadas mentras os seus maridos estaban traballando emigrados. Por elo, o lema escollido este mes pola Área de Igualdade é “Pilastras da Igualdade”, para destacar a forza, resiliencia e traballo das mulleres que viviron situacións similares á de Julia Vázquez Álvarez, quen personifica en xaneiro esta campaña.

Julia Vázquez , residente en As Mamoelas (A Bola), levou a cabo a dura tarefa de sacar adiante a súa familia en ausencia do seu cónxuxe nunha época na que a muller estaba indiscutiblemente discriminada. En 1971, cando ela tiña 28 anos, o seu marido, David, emigrou a Suiza para poder manter á súa familia. Mentres, ela quedou ao coidado dunha tía, do seu sogro e de dous fillos de curta idade. Ademais do coidado de dous cativos e dúas persoas maiores, Julia adicábase á gandería na explotación de vacas familiar, ao mesmo tempo que traballaba a horta. Cando o seu marido regresou, construíron unha granxa de coellos na que traballou toda a familia.

Impulsada polos seus irmáns e o seu marido, Julia foi a primeira muller en sacar o carné de conducir da zona, así como a primeira en ter o seu coche propio, en xullo de 1975. O seu marido non se atrevía a facelo e foi ela a que decidiu sacalo, sendo a única muller da autoescola e tardou só un mes en aprobar. Xa co permiso de conducir, a familia aproveitou para sacarlle rendibilidade, vendendo no coche mazás en Xinzo de Limia.

O carácter solidario de Julia facía que, sendo como era unha das poucas persoas con coche da zona, cando vía a alguén a pé pola contorna do seu traxecto non dubidaba en recollelo e levalo ao seu destino de xeito desinteresado. E o seu afán por coidar dos seus fixo que os seus netos tamén se criasen con ela, sendo tamén testemuñas do traballo do seu labor no campo, na granxa e co coche.

Relacionadas

Luis López celebra o inicio das obras de humanización da Praza Victoria Cadaval de...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Jesús Vázquez Almuíña, participa na posta en marcha dun proxecto valorado en 580.000 euros e financiado...

A Deputación levará este domingo a máis de 130 persoas da provincia a desfrutar...

0
Son veciños e veciñas de 27 concellos da provincia, que gozarán de estancias no Talaso Hotel Louxo La Toja, no Grove, e no Balneario...

A Deputación programa esta fin de semana os últimos cinco concertos do ciclo Entradiñas...

0
As actuacións forman parte dun programa provincial que leva un repertorio clásico, tradicional e popular de Nadal a espazos culturais e patrimoniais da provincia A...

A Deputación impulsa a ampliación e a mellora da seguridade do acceso ao balneario...

0
O obxectivo principal é construír un muro de contención no camiño que dá entrada ao recinto, fomentando así unha mobilidade sostible a pé por...

A Vía da Prata, obxectivo de promoción turística da Deputación en 2025, con presenza...

0
O expositor provincial promove a “multiexperiencia” que ofrece o itinerario xacobeo máis extenso de Galicia, que conta con 200 quilómetros en Ourense e transcorre...

Luis López asina un convenio coa alcaldesa de Oia para a construción dunha nova...

0
O presidente provincial salienta os froitos da colaboración cos concellos para seguir mellorando a seguridade e mobilidade peonil na rede de estradas provinciais O presidente...

Publicacións Relacionadas