O lema deste mes é “Talamos desigualdade, prantamos futuro” e Victoria Diéguez Fernández, natural de A Veiga e profesional do sector forestal é a muller elixida para exemplificar esta acción da Área de Igualdade
Como cada día 8, a Área de Igualdade da Deputación pon en marcha a súa campaña “8M, mes a mes”, cuxo obxecto é realizar un destacamento especial á muller e á súa importancia no mundo laboral. Deste xeito, búscase promover a importancia das mulleres e o seu labor durante todo o ano. Ao igual que nestes últimos meses, son mulleres da provincia as que exemplifican esta acción de visibilización da Deputación. O lema seleccionado para o “8M, mes a mes” de decembro é: “Talamos desigualdade, plantamos futuro”, servindo así de homenaxe a todas as mulleres traballadoras do sector.
Así, neste último mes do ano a persoa seleccionada é Victoria Diéguez Fernández, nada en Baños (A Veiga) e profesional durante moitos anos do sector forestal, ademáis de ser pioneira na recuperación da faba loba, variedade de alta calidade da zona de Trevinca.
Victoria Diéguez,aos seus 63 anos, conta cunha longa traxectoria laboral ás costas. Pasou a súa infancia en A Veiga, mais a moi temprana idade mudouse a Barcelona para traballar. Anos máis tarde voltou á súa terra natal onde se dedicou ao sector forestal, nun momento altamente masculinizado. Victoria e o seu marido adicáronse a diferentes tarefas do sector primario: tala de árbores, corta de leña, gandería…
Hai cinco anos que Victoria Diéguez quedou viúva e desde entón, traballa de cociñeira na residencia de anciáns da localidade e repartindo pan polos pobos. O contacto diario coa xente e o seu carácter afable fan de Victoria Diéguez unha persoa moi querida pola veciñanza de A Veiga.