Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación adxudica a unha UTE a reforma da estrada de San...

A Deputación adxudica a unha UTE a reforma da estrada de San Agustín, en Viana do Bolo

- Anuncio -

As obras poderían comezar en outono, avanzou o deputado de Cooperación, Pablo Pérez, que amosou a súa satisfacción por “un paso definitivo para facer realidade un proxecto no que desde o primeiro momento a institución provincial demostrou o seu compromiso”

A Deputación de Ourense vén de adxudicar a reforma e mellora da estrada San Agustín-encoro das Pías, no Concello de Viana do Bolo, que executará unha unión temporal de empresas (UTE) formada por Petrolam Infraestruturas S.L. e Áreas Infraestruturas S.A., cun investimento superior a 1,1 millóns de euros. As obras poderían comezar este outono “sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, pois estamos a falar dun territorio cun clima cada vez máis adverso para este tipo de traballos segundo nos achegamos ao remate do ano”, explicou o deputado de Cooperación, Pablo Pérez.

Coa adxudicación das obras “damos un paso definitivo para facer realidade un proxecto no que desde o primeiro momento a Deputación de Ourense demostrou o seu compromiso, liderando unha comisión de negociación xunto con Endesa -empresa propietaria da estrada- e os representantes dos grupos municipais”, destacou Pérez. O diálogo entre todas as partes, engadiu, “permitiu dar a resposta que demandaba desde hai tempo a veciñanza, polo que a satisfacción do resultado neste proceso non pode ser maior”.

A comisión de negociación, logo de diversas reunións, acordou que a empresa eléctrica faríase cargo do 50 % do custo das obras, preto de 600.000 euros-, mentres que a Deputación de Ourense e o Concello de Viana do Bolo achegarían o 50 % restante a partes iguais. Tralo remate das obras a estrada pasará a ser titularidade do concello.

A reforma e mellora da estrada de San Agustín-encoro das Pías ten un orzamento de 1.125.119 euros e realizarase en tres tramos, cunha lonxitude total que supera os 24 quilómetros. O proxecto inclúe a renovación e regularización do firme, acondicionamento e limpeza das cunetas, roza das marxes, nova sinalización horizontal e vertical e a instalación de elementos de seguridade viaria.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas