HomeTabeirósCerdedo - CotobadeA Deputación adxudica as obras na estrada Serrapio-Portela, que recibirán un investimento...

A Deputación adxudica as obras na estrada Serrapio-Portela, que recibirán un investimento de máis de 400.000 euros

- Anuncio -spot_img

A actuación afecta a un treito de 1,2 quilómetros no Concello de Cerdedo-Cotobade e permitirá anchear a calzada ata os 7 metros e dotala de beiravías para o tránsito peonil seguro

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de dar luz verde á adxudicación das obras de mellora da seguridade viaria na EP-7102 Serrapio-Portela, no concello de Cerdedo-Cotobade. O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, deu conta da aprobación na rolda de prensa, onde anunciou que as obras recibirán “máis de 400.000 euros para mellorar as características desta vía”. A actuación realizarase nun treito de 1,2 quilómetros da vía situado entre os lugares de Vilarchán e Fondós.

A intervención nesta infraestrutura provincial, financiada integramente con fondos propios e cun prazo estimado de execución de seis meses, permitirá anchear a estrada (que pasará de 4,5 a 7 metros), implantar dous carrís de circulación, construír beiravías en ambas as dúas marxes (inexistentes na actualidade) á vez que se corrixe o trazado das curvas, renova a capa de rodamento, constrúen muros de contención e cunetas para a drenaxe das augas pluviais, amplía a ponte que se atopa neste tramo, implántanse novas barreiras de seguridade e colócase nova sinalización horizontal e vertical na vía.

O vicepresidente provincial lembrou que os concellos “son os protagonistas da acción política deste mandato” e sinalou que soamente na Xunta de Goberno de hoxe a Deputación de Pontevedra mobilizou “preto de 1,5 millóns de euros para eles”.

Publicacións Relacionadas