HomeO MorrazoCangasA Deputación adxudica por 1,2 millóns de euros as obras de mellora...

A Deputación adxudica por 1,2 millóns de euros as obras de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-1002 A Magdalena-Aldán, en Cangas do Morrazo

- Anuncio -spot_img

O proxecto, financiado ao 80% pola Deputación e ao 20% polo Concello de Cangas, contempla a creación dunha senda peonil e de zonas de convivencia entre peóns e tráfico rodado

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, informou este venres da aprobación da adxudicación das obras de mellora da mobilidade peonil na EP-1002 A Magdalena Aldán, en Cangas do Morrazo, por un valor de 1,2 millóns de euros que se repartirá entre a Deputación (que financiará o 80% do seu custo) e o Concello de Cangas do Morrazo (que se fará cargo do 20% restante) a través dun convenio de colaboración.

A Xunta de Goberno provincial deu o seu visto bo a esta adxudicación, que correrá a cargo da empresa Construcciones Fechi S.L.U. cun prazo de execución de dez meses. Con estes recursos, informou o vicepresidente provincial, “melloraranse as condicións de seguridade e mobilidade para peóns e vehículos nun tramo de 1.850 metros desta estrada nos que se construirá unha senda peonil, se implantarán zonas de convivencia e se mellorarán os servizos afectados pola execución das obras”.

Rafa Domínguez sinalou que “con esta actuación seguimos investindo no conxunto da rede de estradas provinciais, que queremos que estean nas mellores condicións tanto para o tráfico rodado como para os peóns”.

Publicacións Relacionadas