Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación alíase co COB para reivindicar o baloncesto inclusivo e levar...

A Deputación alíase co COB para reivindicar o baloncesto inclusivo e levar o deporte a colectivos sociais, ao centro penitenciario e aos centros de menores da provincia

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor, reivindicou na presentación da área social do Clube Ourense Baloncesto un “paso fundamental” en materia de inclusión social a través do deporte

A Deputación estudará exportar a outras modalidades deportivas na provincia este modelo que achega o baloncesto a colectivos vulnerables, no marco do compromiso da institución ourensá co fomento do deporte

O proxecto ofrecerá sesións de baloncesto semanais nas entidades implicadas, ofrecéndolle unha actividade de ocio saudable aos reclusos, aos menores internos ou aos usuarios de asociacións

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou esta mañá na presentación da nova tempada da área social do Clube Ourense Baloncesto, unha iniciativa que nos últimos anos se ten convertido en referente da inclusión social e que agora apoia a institución ourensá a través de diversas colaboracións, dando, en palabras do presidente provincial, un “paso fundamental” en materia de inclusión social.

O obxectivo desta iniciativa é asegurar que a práctica deportiva se vincule á formación integral da persoa, así como o fomento da tolerancia e a promoción da acción social. Neste sentido, o baloncesto chegará a asociacións e colectivos vulnerables da provincia, con sesións semanais; así como ao centro penitenciario de Pereiro de Aguiar e aos centros de menores da provincia. Menor defendeu o “deporte universal, territorialmente e socialmente”, destacando a importancia de que “ninguén quede excluído”.

O presidente provincial puxo en valor o papel do COB na provincia, formando parte da “historia deportiva de Ourense” e indo “máis aló” do deporte con iniciativas como esta área social.

Menor agradeceu o traballo realizado para que este proxecto saia adiante ao servizo de Política Deportiva e a área de Benestar da Deputación de Ourense. Así, anunciou que a Deputación de Ourense xa estuda exportar esta área social a outras modalidades deportivas, para achegar outras disciplinas a colectivos vulnerables.

Millán Brea, coordinador da área social do COB, foi o encargado de presentar os detalles da área social do COB. “O baloncesto é inclusión”, reivindicou. Así, a actividade da área social centrarase, fundamentalmente, en catro eixos:

En primeiro lugar, a Escola Aberta de Baloncesto, que permitirá que unha vez á semana chegue o deporte a colectivos vulnerables da provincia. A segunda pata do proxecto é “Diversi COB”, con sesións para asociacións de persoas con diversidade funcional.

En terceiro lugar, fomentarase o acceso ao baloncesto con sesións semanais nos centros de menores da provincia (Monteledo, Montefiz e Montealegre). Por último, tamén haberá actividades de baloncesto no centro penitenciario de Pereiro de Aguiar.

Por outra banda, o adestrador do COB, Moncho López, agradeceu ás “xeracións” de deportistas e afeccionados do clube, que fixeron que “xogar no Pazo sexa algo máis que vir a un partido”.

Ademais, o presidente do clube,Eduardo Villar, agradeceu a implicación da Deputación de Ourense nas actividades do COB, e en concreto, nesta área social, tildando á institución provincial do “pegamento” que axuda a levar a cabo este proxecto.

Sistema de braile e sala de relaxación no Paco Paz

A Deputación de Ourense tamén colaborará na adaptación do Paco Paz para que os partidos sexan máis inclusivos, cun sistema de braile para persoas cegas, un sistema de pictogramas, unha sala de relaxación para persoas con autismo e outras iniciativas enmarcadas na inclusión social.

Relacionadas

O Concello pon en marcha a segunda edición da Escola Municipal Continua, con 57...

0
AConcellería de Educación do Concello de Ourense pon en marcha a segunda edición da Escola Municipal Continua Ourense, cunha ampla variedade de propostas formativas...

Luis Menor reúnese coa directiva do Ourense CF para escoitar as necesidades do clube...

0
O presidente da Deputación puxo en valor a celebración da Copa do Rei en Ourense cun resultado que permitiu ao equipo ourensán chegar a...

A rúa Ribeira de Canedo estará pechada ao tráfico mañá, por obras de saneamento...

0
A rúa Ribeira de Canedo estará pechada ao tráfico mañá, martes, 11 de febrero, de 8.00 a 22.00 horas, pola realización de traballos de...

Luis Menor, como presidente da Rede de Vilas Termais da FEMP, celebra o interese...

0
O presidente Deputación de Ourense deu conta pola súa banda dos avances no “programa de respiro” para persoas maiores que sufriron as consecuencias da...

O presidente da Deputación deplazouse a Ribeira para dar a coñecer o plan de...

0
Hoxe tivo lugar a visita do presidente da Deputación, Valentín González ao Concello de Ribeira o presidente puxo en valor o Plan de Obras...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á inauguración do Congreso Internacional JAI’2025 da Universidade de...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este luns á inauguración do Congreso Internacional JAI’2025, as X Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións...

Publicacións Relacionadas