HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación analiza e pon en valor as estratexias territoriais a través...

A Deputación analiza e pon en valor as estratexias territoriais a través das axendas urbanas e rurais para optar a financiación europea na provincia con garantías de éxito

- Anuncio -spot_img

Unha xornada, organizada pola institución provincial no Centro Cultural Marcos Valcárcel, puxo de manifesto a importancia de integrar as axendas urbanas e rurais, “pois o futuro require una visión conxunta do territorio”, explicou o presidente Luis Menor

Tamén abordou a importancia da planificación para ese modelo integrado o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos

A vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, e a directora da Área de Infraestruturas, Marta Docampo, tamén analizaron nesta xornada a proposta metodolóxica para a axenda urbana e rural da provincia de Ourense

“Estratexias Territoriais e Fondos Europeos na provincia de Ourense” foi o título da xornada, organizada pola Deputación no Centro Cultural Marcos Valcárcel, co obxectivo de impulsar unha visión estratéxica compartida para o conxunto do territorio provincial, aliñada coas oportunidades que ofrecen os fondos europeos e as Estratexias Territoriais Integradas no marco da Axenda Urbana Española. A xornada, dirixida aos equipos de goberno e técnicos locais da provincia, tiña como fin avanzar cara un modelo de desenvolvemento territorial intelixente, sostible e adaptado á realidade de Ourense.

Neste encontro, o presidente provincial presentou a liña de traballo que impulsa a Deputación para promover unha ordenación máis coordinada, eficaz e vertebradora do territorio provincial. Tal e como explicou, a institución impulsa unha visión da provincia baseada na planificación e cooperación intermunicipal, con axendas urbanas e rurais integradas que prioricen investimentos en proxectos, facilitando o acceso as fondos europeos.

Menor identificou problemas como a despoboación, o envellecemento e descenso da natalidade, que se contrapoñen a importantes “fortalezas” da provincia como son un patrimonio natural e cultural extraordinarios, e recursos endóxenos como a viticultura, o termalismo ou o sector primario e forestal.

Para aproveitar esas fortalezas, Menor recalcou que “requírese unha planificación estratéxica e colaboración entre todas as administracións locais”, matizando que “os concellos e a Deputación debemos traballar unidos para buscar solucións que garantan un futuro cohesionado, resiliente e vivo para a provincia”.

Rede de nodos territoriais interconectados

A visión territorial da Deputación, que servirá de base para a Axenda Urbana Provincial, “concibe a Ourense como unha rede de nodos territoriais interconectados”, explicou Menor, quen avanzou a intención da institución provincial de “aproveitar e reforzar esta estrutura nodal porque consideramos que é clave para lograr un territorio cohesionado”. Así, Menor explicou que é preciso potenciar cada vila cabeceira, “mellorando a súa oferta de servizos e oportunidades á súa comarca”, así como “as conexións e a cooperación cos capital provincial para que toda a rede funcione de maneira coordinada e sinérxica”.

Visión de futuro compartida

Xunto a Luis Menor, nesta xornada tamén participou o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, que tamén destacou a planificación como ferramenta clave para captar financiación europea, anticipar proxectos e abordar con éxito os retos e oportunidades da comunidade. A vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, sinalou pola súa banda que “o diálogo cos concellos é fundamental para recoller as súas ideas e necesidades, e construír unha visión de futuro compartida que responda ao ben común”. Matizou tamén que “a participación de tódolos municipios da provincia e o seu compromiso son imprescindibles para que esta Axenda Urbana e Rural sexa realmente un éxito para o territorio”. Entre tanto, a directora da Área de Infraestruturas, Marta Docampo, explicou polo miúdo a proposta metodolóxica para a Axenda Urbana e Rural da provincia de Ourense.

Mesa redonda

A xornada rematou cunha mesa redonda titulada “Os fondos europeos: unha oportunidade para o desenvolvemento territorial”, na que interviñeron o director xeral de Cohesión e Fondos Europeos da Xunta, Ángel Tarrío Tobar; o alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García Rodríguez; e a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres Madureira.

Publicacións Relacionadas