Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación apoia o labor de difusión da gastronomía ourensá no exterior...

A Deputación apoia o labor de difusión da gastronomía ourensá no exterior liderada pola asociación Amigos da Cociña Galega

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor, pon en valor os produtos da terra como “os mellores embaixadores” da provincia

A Deputación reitera o seu compromiso coas actividades do colectivo de hostaleiros, que buscan promover a gastronomía da provincia en Xapón

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial a Javier Outomuro, presidente da asociación Amigos da Cociña Galega, entidade que preserva o patrimonio gastronómico galego e difunde o labor dos cociñeiros polo mundo. Menor trasladou ao presidente do colectivo e ao resto de membros do equipo directivo que acudiron á reunión o compromiso da institución ourensá cos obxectivos estratéxicos da entidade, especialmente na difusión dos produtos da nosa terra.

No encontro de traballo tamén participaron o vicepresidente da asociación, Francisco Gómez; o tesoureiro, Javier Lorenzo; o director, Xosé Luis Reza e o vogal Orlando Pérez.

Menor trasladoulles o “orgullo” de que a presenza ourensá na asociación sexa tan representativa, con membros que dispoñen de establecementos de primeiro nivel na provincia, dixo o presidente provincial.

Menor recolleu as demandas dos hostaleiros, cuxa inquedanza máis inmediata é presentar a gastronomía ourensá e galega en Xapón. Neste sentido, asegurou que a Deputación seguirá apostando por un sector que supón “unha das actividades económicas esenciais para a provincia, para creación de riqueza, emprego e servizos que atraen visitantes a Galicia”.

O presidente provincial sinalou que a cociña ourensá “é unha das mellores embaixadoras que podemos ter”, polo que reiterou o “compromiso absoluto e sincero” coas intencións de Amigos da Cociña Galega de medrar e seguir exhibindo a tradición gastronómica no exterior.Por outra banda, o hostaleiro Javier Outomuro, destacou que como asociación “seguiremos defendendo a gastronomía galega e levándoa polo mundo adiante”, con actividades concretas como a intención de presentar os pr

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

A Deputación presenta aos colectivos veciñais de Marín os programas de Acción Comunitaria, cunha...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, acompañado da alcaldesa de Marín e tamén deputada provincial, María Ramallo, ofreceu un encontro co movemento...

A Deputación programa este venres e sábado novas saídas do programa Lecer en familia...

0
As estancias programadas este 17 e 18 de xaneiro levarán a familias de 18 concellos ao Gran Talaso Hotel Sanxenxo, ao Hotel Bienestar Moaña...

A Deputación ultima o prazo para solicitar os obradoiros de envellecemento activo do programa...

0
As entidades de persoas maiores que estean interesadas nestas actividades formativas teñen ata o próximo luns 20 de xaneiro para facelo A Deputación de Pontevedra...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra proxeccións de ‘Castelao: de chumbo a verba’...

0
A actividade para alumnado de 5º e 6º de educación primaria, ESO e Bacharelato desenvolverase de xaneiro a marzo dentro da programación do Ano...

Luis López presenta unhas Rías Baixas con 61 concellos, que valora ao anfitrión e...

0
O presidente da Deputación, acompañado pola deputada de Turismo Nava Castro e membros do goberno provincial, estrean por primeira vez na provincia, antes que...

Publicacións Relacionadas