HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación apoia o XIII Torneo Internacional de Ximnasia Rítmica, que reunirá...

A Deputación apoia o XIII Torneo Internacional de Ximnasia Rítmica, que reunirá a deportistas de primeiro nivel durante catro días no Paco Paz

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, participou esta mañá na presentación do XIII Torneo Internacional de Ximnasia Rítmica, nun acto celebrado no patio interior do Pazo Provincial.

A Deputación de Ourense, no marco do seu compromiso co fomento do deporte, patrocina este torneo que reunirá durante catro días a ximnastas nacionais e internacionais no Pazo dos Deportes Paco Paz.

O clube Marusia organiza esta edición do torneo, que leva por nome “A provincia termal”. As datas de celebración serán do 17 ao 20 de abril.

Publicacións Relacionadas