Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación aproba 1,6 millóns do Plan Concellos 22-23 que beneficiarán a...

A Deputación aproba 1,6 millóns do Plan Concellos 22-23 que beneficiarán a once municipios da provincia

- Anuncio -

O Goberno aprobou as primeiras oito achegas da Liña 3 de Emprego, que permitirán contratar a 126 persoas nos concellos de Arbo, Catoira, A Guarda, Lalín, A Lama, Pazos de Borbén, Redondela e O Rosal

A Cañiza e Catoira recibirán recursos para financiar a aportación municipal aos proxectos do Plan ReacPon e Ponte Caldelas para sufragar o convenio para a mellora da mobilidade viaria na estrada EP-0407 ao seu paso polo concello

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar un investimento de 1,6 millóns de euros en recursos do Plan Concellos 22-23, que beneficiarán a 11 municipios da provincia. Deste xeito, deuse luz verde a un total de 12 achegas, entre elas 8 aprobadas no marco da Liña 3 de Emprego que permitirán a contratación dun total de 126 persoas nos concellos de Arbo, Catoira, A Guarda, Lalín, A Lama, Pazos de Borbén, Redondela e o Rosal. A elas hai que unir as da Liña 1 de Investimentos que beneficiarán a Catoira, A Cañiza e Ponte Caldelas, e a da Liña 2 de Amortización de débedas e pago de gastos correntes que recibirá Cangas. Son axudas que, como subliñou a presidenta Carmela Silva, financiarán “a promoción do emprego para a prestación de servizos nos concellos, permitirán rehabilitar equipamentos e dotacións, a humanización de viarios provinciais que transcorren polo casco urbano dos concellos e servirán para facer fronte servizos tan importantes como o tratamento de residuos”. “Non hai administración –afirmou- que estea a poñer tantos recursos a favor dos concellos para facer as grandes transformacións que precisamos”.

Catoira e A Cañiza recibirán achegas da Liña 1 para financiar a aportación que lles correspondía no marco dos seus proxectos do Plan Reacpon. Así, A Cañiza percibirá 188.272,79€ para as obras de rehabilitación enerxética da piscina municipal e, deste xeito, o 100% da obra, presupostada en 689.048€, asumirao a Deputación. E Catoira terá unha axuda de 67.397€ para financiar a rehabilitación da antiga Casa Consistorial para Casa das Artes. Neste caso o orzamento total do proxecto é de 449.248 € e tamén o financiará ao 100% pola institución provincial.

Por outra parte, Ponte Caldelas recibirá unha achega de 60.849€ tamén da Liña 1 para financiar a súa aportación ao convenio coa Deputación para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria na EP-0407 Borela-Ponte Caldelas ao seu paso polo concello. O orzamento total da obra é de 255.624 euros e financiarao polo tanto ao 100% a institución provincial.

Doutra banda, cunha achega da Liña 2, o municipio de Cangas recibirá 78.625 € que destinará ao pago do servizo de tratamento de residuos sólidos urbanos.

Xa no marco da Liña 3 de Emprego, o Concello de Arbo terá unha achega de 96.174€ coa que poderá contratar a 13 persoas: 2 peóns/as mantedores/as de edificios, 2 peóns/as de horticultura-xardinería, 3 peóns/as forestais, 2 peóns/as de conservación de parques urbanos, 2 operarios/as de condución de vehículos e manexo de maquinaria agraria e 2 axudantes de tarefas de axuda no fogar en xornada de 30 horas semanais durante 6 meses. No caso de Catoira, recibirá 93.373€ para contratar a 12 persoas, 10 peóns/as-operarios/as de servizos múltiples, 1 auxiliar/axudante de biblioteca e 1 auxiliar/axudante de museos en xornada de 30 horas semanais durante 6 meses.

Para A Guarda foi aprobada unha achega de 130.917€, coa que poderá asumir a contratación de 14 persoas. Delas, 2 serán axudantes para o camión do lixo, 10 peóns/as limpadores/as, 1 conserxe e 1 animador/a sociocultural a xornada completa durante 6 meses. Por outra banda, para Lalín a contía é de 337.534 € coa que poderá contratar a 31 persoas. Serán 2 auxiliares de información turística, 3 auxiliares administrativos, 1 técnico/a de apoio ao departamento de persoal con titulación universitaria en Relacións Laborais e Recursos Humanos, 1 técnico/a de apoio ao comercio con titulación universitaria en Económicas/Empresa, 1 técnico/a de apoio ao departamento de contratación con titulación universitaria de Enxeñería Industrial, 2 arquitectos/as técnicos/as ou equivalentes, 1 auxiliar de arquivo, 1 oficial de 1ª condutor/a de camión, 1 oficial de 1ª condutor/a de pá retroexcavadora mixta, 2 oficiais de 1ª condutores/as de tractor desbrozadora, 6 peóns/as de obras públicas, 6 peóns/as albaneis e 4 peóns/as forestais a xornada completa 6 meses. E A Lama recibirá 96.120€ para financiar a contratación de 12 persoas, que serán 3 operarios/as de movemento de terras e 1 auxiliar administrativo/a en xornada de 37,5 horas semanais durante 6 meses, así como 2 peóns operarios/as limpeza e 6 peóns forestais en xornada de 30 horas semanais durante 6 meses.

Finalmente, Pazos de Borbén contará cunha achega de 89.360€ para contratar 12 peóns/as de obras en xornada de 30 horas semanais durante 6 meses, mentres que Redondela recibirá 257.580€ para contratar a 18 persoas: 1 traballador/a social, 3 guías turísticos/as e 3 axudantes de servizos actuacións de electricidade a xornada completa durante 6 meses; 11 peóns forestais a xornada completa durante 5,3 meses. Por último, O Rosal terá unha achega de 129.978€ para contratar a 14 persoas: 5 oficiais de obras, 1 oficial electricista, 6 peóns/as de limpeza viaria e roza forestal, 1 operario/a de maquinaria forestal e 1 auxiliar de axuda no fogar a tempo completo durante 6 meses.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas