HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación aproba a concesión de máis de 370.000 en axudas para...

A Deputación aproba a concesión de máis de 370.000 en axudas para cooperación e cultura

- Anuncio -spot_img

Na convocatoria de hoxe da Xunta de Goberno aprobáronse as bases para a concesión de subvencións dirixidas ao fomento de actividades escénicas e musicais en 2021

OA Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá baixo a presidencia de Manuel Baltar, acordou a concesión de máis de 370.000 euros en axudas para iniciativas de cooperación con entidades e concellos e para no ámbito da cultura, capítulo este último onde se aprobaron as bases para a convocatoria de subvencións dirixidas ao fomento de actividades escénicas e musicais.

Cun orzamento de 90.000 euros, os beneficiarios destas axudas á cultura poderán ser bandas de música ou gaitas, agrupacións corais, tunas, orquestras, grupos de música tradicional, folk, pop, rock, jazz ou clásica, grupos de teatro, de danza tradicional, galega, ballet clásico ou contemporáneo, solistas, intérpretes, espectáculos de maxia e humor, ou calquera outra actividade análoga. As bases, que inclúen unha mención explícita ao cumprimento da normativa sanitaria contra a COVID-19, fixan o custo total de cada actuación e modalidade entre os 900 e os 600 euros, sinalando que nos casos de bandas de música, gaitas ou charangas engadirase unha contía en función do número de membros. As subvencións alcanzarán o 50 % do custo total de cada actuación.

No ámbito de cooperación con entidades, a Xunta de Goberno aprobou unha subvención de 70.000 euros ao Concello de Pontedeva para a adquisición dunha nave; 50.000 euros para o Concello de Carballeda de Avia destinados á adquisición dun vehículo para servizos municipais; e 48.000 euros ao Concello de Oímbra para a construción de beirarrúas na estrada de San Cibrao. No tocante á colaboración con entidades, o Consello Regulador de Denominación de Orixe Ribeiro recibirá un total de 75.000 euros distribuídos en catro axudas para a mellora e dixitalización de proxectos de xestión, xestión de certificación produto, actualización do rexistro vitícola e para o plan de formación do persoal. Ademais, a Asociación cultural Rutas do Viño do Ribeiro recibirá 15.000 euros para proxectos e gastos de funcionamento e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra percibirá 25.000 euros para a súa actividade neste ano. Por último, a Xunta de Goberno deu o visto bo a dúas modificacións do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial que só afectan á finalidade de senllas obras a executar nos concellos de San Cristovo de Cea e Vilar de Barrio.

Publicacións Relacionadas