HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación aproba a contratación das obras de reparación dos danos na...

A Deputación aproba a contratación das obras de reparación dos danos na ponte sobre o río Tea da EP-4001

- Anuncio -spot_img

A institución provincial dedicará a esta actuación preto de 500.000 euros para dar solución aos problemas estruturais detectados nos estribos de fábrica de pedra, no taboleiro de vigas de formigón e na ampliación con vigas de formigón pretensado

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, deu conta este venres da aprobación do expediente de contratación das obras de reparación de danos na ponte sobre o río Tea, na estrada provincial EP-4401 Mondariz-Balneario-Fozara. A Xunta de Goberno deu luz verde ao inicio da contratación destas obras, que terán un investimento próximo aos 500.000 euros, co fin de solucionar os problemas detectados durante unha inspección realizada polo persoal técnico provincial.

Deste xeito, tal como sinalou o vicepresidente Domínguez, “durante esa inspección se apreciaron danos estruturais nos estribos de fábrica de pedra, no taboleiro de vigas de formigón e na ampliación con vigas de formigón pretensado”. Todos eles quedarán solucionados tras esta intervención.

En concreto, no marco destas obras reforzarase e consolidarase o estribo esquerdo e mais o muro de augas baixo o estribo dereito, executaranse unha nova pavimentación e base do firme, mellorarase a drenaxe, substituiranse as barreiras de seguridade, levarase a cabo unha reparación estrutural dos vanos de formigón e, na plataforma da ponte, procederase ao seu reforzo, fresado, impermeabilización e reposición da capa da rodadura, entre outras cuestións. Os traballos teñen un prazo de execución de oito meses.

Publicacións Relacionadas